A alcaldesa e o xerente de FaiBus, dacordo en estender as liás aos polígonos indistriais, mellorar enlaces coas parroquias, incrementar as frecuencias e aumentar número de vehículos adaptados

Estender as liñas de bus ata os polígonos industriais do Porriño, estudar a posibilidade de crear ‘circuítos circulares’ que comuniquen os diferentes concellos da zona sur entre sí, “tal e coma debería terse feito no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta”,  reforzar as comunicacións e frecuencias coas parroquias, comezando por Torneiros, e aumentar o número de vehículos que conten con ramplas e plataformas adiadas para persoas con diversidade funcional.

Estes foron os temas tratados este luns entre a alcaldesa, Eva García de la Torre, e José Manuel Álvarez, director de FaiBus-concesionaria de transporte entre Vigo e O Porriño-, que mantiveron unha “longa xuntanza” na Alcaldía na que constataron, sinala García de la Torre, as “carencias” do servizo na actualidade.

Entre elas, a alcaldesa sinalou a falla de frecuencias coas parroquias da vila, lembrou a supresión do último bus que saía de Vigo ás 10 e media da noite, “e que daba servizo a veciñas e veciños do Porriño que traballan en Citroën" e a carencia dun enlace co Campus Universitario.

Ás mesmas súmase o feito de que “non hai unha so aliña que chegue ata os polígonos industriais, que teñen unha ‘poboación flotante de 35.000 persoas que veñen cada día aos mesmos e que carecen totalmente dunha opción de transporte público”, que se adapte ás súas necesidades e aos horarios de entrada e saída das empresas.

Así mesmo, García de la Torre subliñou a necesidade de aumentar o número de buses que dispoñan de ramplas para persoas con diversidade funcional xa que “na actualidade son 3 de 90”- os 3 de 29 de FaiBus, porque o resto dos autocares das compañías que pasan polo Porriño cara a Vigo non dispoñen de plataformas para cadeiras de rodas-, un problema a que hai que engadir o feito de que algunha destas ramplas non están homologadas, “un requisito que non esixiu a Xunta cando adxudicara o servizo”.

A alcaldesa constatou que o Plan de Transporte da Xunta “non é operativo, deixa a veciñas e veciños das parroquias do Porriño sen servizo e  é máis caro, posto que o billete segue a custar o mesmo,  ofrecendo menos frecuencias , enriba, aumentando a cantidade que aporta o Concello a dito plan”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos