A alcaldesa celebra dúas resolucións xudiciais a favor do goberno municipal

Eva Garcia, alcaldesa do Porriño celebra dúas decisións xudiciais que acaban de coñecerse esta semana e que veñen avalar actuacións do goberno municipal que ela preside. Por unha banda, o TACGAL avalou ao Concello na concesión do contrato de recollida de lixo no último concurso. E por outra banda, o Tribunal de Contas do Reino rexeitou, por terceira vez, a pretensión do portavoz municipal do PP de esixir responsabilidades económicas por contratación irregular.

CONTRATO DO LIXO

Esta semana recibiuse a resolución do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Contratación de Galicia (TACGAL) que avala a adxudicación realizada pola mesa de contratación a favor da firma "Servizos dos Concellos Galegos". O TACGAL desestima o recurso presentado por "Ascan Servicios Urbanos", levantando así a suspensión que impedía a sinatura do contrato e a incorporación do novo adxudicatario.

TRIBUNAL DE CONTAS

Eva García declarouse "moi satisfeita" nada máis coñecer a resolución do Tribunal de Contas do Reino de arquivar por terceira vez a denuncia do voceiro municipal do PP, Alejandro Lorenzo. Este auto emitido o pasado 27 de outubro, volve confirmar a doutrina xurídica de que "non procede abrir unha causa xeral a esta alcaldesa, como sostén o voceiro do PP porriñés", afirmou a rexedora.

O Tribunal de Contas do Reino “volve dicir ao portavoz do PP e, de paso, tamén ao titular do Xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra, que unha cousa é que haxa unha incorrección administrativa en materia de contratación e, outra moi diferente, é que esta incorrección dea lugar a ter causado danos ao Concello e que en consecuencia se nos podería esixir unha responsabilidade patrimonial", valorou Eva García.

A alcaldesa anunciou que trasladará este terceiro pronunciamento do Tribunal de Contas ao xulgado do Porriño que instrúe a causa dos desbroces "e espero que tamén produza as súas consecuencias".

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos