A alcaldesa acordou co ADIF que a sección subterránea para eliminar o paso a nivel sexa de 320 metros

A alcaldesa Eva García e os técnicos de ADIF especificaron hoxe nunha reunión telemática que o tramo de lousa que cubrirá o ferrocarril para eliminar o paso a nivel actual teña unha lonxitude de 320 metros. De xeito que a alcaldesa conseguiu que prosperase a petición municipal e que ADIF amplíe a lousa por outros 120 metros (60 por cada lado) con respecto á proposta inicial que aparecía no proxecto de obra, que era de 200 metros.

"Significa que co soterramento do tren imos gañar un espazo público moi importante que incluso nos permitirá abrir unha nova rúa e dar máis permeabilidade a esa zona, tanto para o uso peonil como para o tráfico de vehículos", dixo Eva García, ao final do encontro.

"Debemos traballar neste sentido: mellorar o proxecto na medida do posible e resulte realizable porque moitas veces o ideal está reñido co que é factible", valorou a alcaldesa.

A partir de agora, o seguinte paso xa será a negociación e sinatura dun convenio entre ADIF e o Concello do Porriño para determinar as condicións económicas da obra, que podería ter un orzamento aproximado de 22 a 24 millóns de euros segundo determinen finalmente os técnicos.

Respecto ao financiamento da obra por parte da administración central, asegurouse á alcaldesa que se achegará dentro dunha partida xenérica de ADIF nos próximos Orzamentos Xerais do Estado.

Audio coa valoración da alcaldesa despois da reunión. 

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos