22 aspirantes a gañar o "Tes talento?" esta fin de semana no Porriño

O certame arranca mañá sábado coas dúas semifinais e o domingo serán as finais infantil e de adultos, cun primeiro premio de 1.000 euros e a produción dun tema propio

As Festas do Cristo rematan con moita música e a cita gastronómica dos Callos

 O Porriño, 3 de outubro de 2025.-  O Porriño acollerá esta fin de semana, na Praza 8 de Marzo, unha nova edición do tradicional concurso musical “Tes Talento?” unha cita xa consolidada nas Festas do Cristo e que nesta edición contará cun total de 22 artistas emerxentes seleccionados para participar na semifinal que se celebrará mañá sábado en dúas quendas, a primeira ás 17.00 horas e a segunda ás 20.00 horas, de aí sairán os doce finalistas que competirán o domingo, a partir das 19.00 horas. Esa mesma xornada, ás 17.00 horas será tamén a final infantil, da que participarán seis rapaces de entre 10 e 15 anos.

As diferentes galas estarán amenizadas por gañadores doutras edicións que actuarán durante a deliberación do xurado, así na primeira semifinal actuará Laura Marino (gañadora en 2023), na segunda Amparo Mosquera (gañadora en 2024), na final infantil tocarán Xeración e na final de adultos actuará Íker Faure.

“‘Tes Talento?’ é unha oportunidade fundamental para descubrir e apoiar os novos talentos musicais do noso Concello. Queremos ofrecer un espazo onde os artistas locais emerxentes, que moitas veces precisan dese empuxe para dar a coñecer a súa música, poidan brillar e medrar profesionalmente a través desta oportunidade, de poder subirse a un escenario e amosar diante dun xurado profesional e tamén dun gran público, o seu potencial”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo.

Os premios establecidos nesta edición son de 1.000 euros e a produción dun tema propio (valorado en 600 euros) para o primeiro posto, 400 euros para o segundo e 250 euros para o terceiro no caso da modalidade de adultos. En infantil farase entrega dun lote de produtos escolares xunto cun trofeo para os tres finalistas clasificados.

O “Tes Talento?” é un dos pratos fortes da programación das Festas do Cristo que remata esta fin de semana e que vén cargada de moitas outras actividades. "Estamos a piques de poñerlle o broche final a unhas Festas do Cristo 2025 que, unha vez máis, converteron O Porriño nun punto de encontro para o desfrute, a cultura e a tradición. Quero agradecer a implicación de todas as asociacións, colectivos e artistas que fixeron posible esta programación tan diversa e participativa. Esta fin de semana temos actividades para todas as idades, desde a música das orquestras e os concertos do Montando O Cristo, ata a emoción do 'Tes Talento?' ou o sabor auténtico dos nosos callos. Animo a toda a veciñanza e ás persoas que nos visitan a seguir desfrutando con alegría destes últimos días de festa. O Porriño demostra, unha vez máis, que sabe celebrar unido e con corazón”, sinala o alcalde.

Programación da fin de semana

Esta mesma tarde, o colectivo Bico de toupa traerá ao Parque Infantil unha serie de xogos de madeira para desfrute dos máis pequeno da casa, en horario de 18.00 a 21.00 horas; e pola noite verbena coas orquestras Distrito 7, na Praza Central, e Solara, na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Mañá sábado, animación de rúa con batucadas e charangas, de 12.00 a 14.30 e de 19.00 a 21.00 horas. Ás 13.00 horas, na Praza Arquitecto Antonio Palacios, concerto da Banda de Gaitas Charamuscas da SCDR Helios de Bembrive. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, exhibición de scalextric a cargo do Slot Club Porriño no Parque do Cristo e á mesma hora, na Praza 8 de Marzo, dará comezo a primeira das semifinais do Tes Talento?. Por outra banda, a partir das 19.00 horas, 300 corredores de tódalas idades tomarán a saída, de xeito escalonado segundo a categoría, na XIII Milla Porriñesa. Pola noite, verbena coas orquestras Costa Blanca, na Praza Central, e Pontevedra, na Praza Arquitecto Antonio Palacios e, de xeito paralelo, na Praza de San Sebastián, celebrarase a undécima edición do festival Montando O Cristo coas actuacións de Elëven, Santo Rostro, Lucifèrnaga e Electric Läger.

Os callos serán os protagonistas da xornada dominical que se abrirá co Torneo Individual Patín Porriño que se celebrará ao longo do día no pavillón municipal. Será a partir das 12.00 horas, coincidindo coa animación de rúa con batucadas e charangas, cando 33 establecementos hostaleiros da vila comecen a servir este prato típico da Louriña ao prezo único de 8 euros, no que se inclúe a ración de callos, pan e a cazola de barro conmemorativa. Pola tarde, ademais das finais do “Tes Talento?”, a Banda de Música Cultural de Salceda ofrecerá un concerto, ás 19.00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios, e para rematar, o broche de ouro ás Festas do Cristo 2025 porao El Combo Dominicano, a partir das 21.00 horas na rúa Antonio Palacios.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.