175.000 euros en axudas ás comunidades de augas das parroquias

O Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coas parroquias publicando unha nova liña de axudas destinada ás comunidades de usuarios de auga. As traídas do municipio poderán beneficiarse destas achegas ás que se destinarán un total de 175.000 euros, sendo 95.000 euros para mantemento de instalacións. Mantense o incremento impulsado polo Concello na anterior convocatoria, cando se duplicou a partida para dispor 80.000 euros para o novo investimento.

A primeira liña, enfocada no mantemento, ten como obxectivo financiar a contratación de obras de reparación e a substitución de redes de distribución (sempre que non superen os 50 metros). Ademais, cubriranse os gastos correspondentes ás analíticas de control sanitario e os gastos de mantemento e conservación na captación de augas, o sistema de almacenamento e potabilización, así como na rede de distribución e instalacións.

Doutra banda, a segunda liña de axudas destínase á execución de obras de investimento en instalacións da súa titularidade ou aqueles que lles corresponda o seu dereito de uso, incluíndose a substitución de redes de distribución cando se superen os 50 metros lineais.

O concelleiro Marcos Martínez explicou que as bases publicáronse hoxe no BOPPO e que nos próximos días, unha vez se publique o estracto, abrirase o prazo de solicitude. O edil lembrou que os interesados poden contactar co concello para obter a información que precisen.

Cabe destacar que cada comunidade poderá recibir un importe máximo de 8.000 euros en cada liña de axudas, 12.000 euros se se solicita apoio en ambas as liñas. É importante destacar que, en ningún caso, o importe total subvencionado poderá superar o 80% do custo total do proxecto presentado.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, subliñou a importancia destas axudas, afirmando que "é fundamental apoiar ás traídas para que poidan prestar o mellor servizo posible aos nosos veciños. Estes investimentos non só mellorarán a calidade da auga, senón que tamén contribuirán ao benestar de toda a veciñanza ao contar cun abastecemento seguro”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria