A licitación a construcción do novo auditorio municipal do Porriño

O Porriño contará moi pronto cun novo espazo cultural, un auditorio municipal versátil que resolverá as carencias de espazo escénico de calidade que arrastra desde sempre a vila do Louro.

O Concello do Porriño vén de licitar a construción destas instalacións cun orzamento de preto de 2,8 M de euros. “O novo auditorio municipal non é só un lugar pensado para disfrutar da música, do teatro e do arte en xeral, senón un punto de encontro para os veciños e veciñas do Porriño, un espazo pensado para enriquecer a vida cultural e social da vila”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo,  “Estamos ante unha actuación necesaria xa que o aforo do actual salón de actos resulta insuficiente para atender as necesidades reais dun concello como o noso, e co fin de dar solución a isto sen dilación, proxectouse un edificio integrado no patio traseiro do actual Centro Cultural que abarca tamén a parcela colindante”.

Un auditorio multiusos de calidade, versátil e adaptable

O edificio contará un espazo auditorio multiusos de calidade, cunha acústica adecuada para o uso e un patio de 340 butacas, das cales 184 serán grada retráctil e 156 fixas, facéndoo máis versátil e dinámico xa que se adaptará a múltiples usos escénicos. Esta bancada está deseñada para poder ser ampliada. Todo o habitáculo está orientado a xerar unha cuncha acústica perfecta que permita xerar un ambiente agradable aos/as usuarios/as. Dispoñerá de dous baños adaptados e unha zona de camerinos completamente equipada vinculada co acceso ao escenario.  A estética do mesmo dialoga co edificio principal, onde se ubica na actualidade o Centro Cultural, con muros de formigón encofrados, acabados interiores de madeira de Okume e pedra granítica no exterior.

O salón de actos terá dous accesos, un desde a entrada do Centro Cultural Municipal e outro desde a rúa Xosé Fernández López, e contará cunha escaleira lateral de acceso á parte alta do auditorio, fundamental no caso de que estean as gradas recollidas.

O edificio contará tamén cun espazo exterior cuberto de usos múltiples vinculado ao auditorio actual do Centro Cultural no que se desenvolverán actos ao aire libre.  

“Non queremos que sexa só un salón de actos, o auditorio está pensado para ser o centro neurálxico da cultura dun pobo que se caracteriza pola creatividade e a inquedanza artística da súa xente”, concluíu Lorenzo.

A construción deste novo auditorio conta co respaldo da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra e rematará no ano 2026. Ademais, a creación deste novo edificio permitirá dar novos usos ás instalacións do Centro Cultural Municipal, reconvertindo espazos como novas salas de exposición e o actual salón de actos nunha nova sala de Cine Municipal.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.