A XXXVII Feira Apícola Rías Baixas arrancou esta mañá no Parque do Cristo cunha proposta educativa dirixida ao alumnado de 6º de Primaria: "Contos de Mel de Galicia". Trátase dunha actividade organizada polo Consello Regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola de Galicia, coa colaboración da Concellería de Educación e da OMIX do Porriño, que busca achegar ao estudantado os valores e coñecementos da apicultura dun xeito lúdico e formativo.
O alumnado do Ciclo Superior de Marketing e Publicidade do IES Indalecio Pérez Tizón participou esta mañá nunha xornada formativa no Concello do Porriño, centrada na importancia da comunicación institucional como ferramenta fundamental para achegar á cidadanía a actividade municipal e, ao mesmo tempo, coñecer de primeira man as oportunidades que ofrece a contratación pública como vía de autoemprego.
O Concello de O Porriño inaugurou hoxe as novas instalacións do Servizo de Atención Temperá, situadas na Rúa Doantes de Sangue nº 1. Este servizo, que xa se viña prestando en locais provisionais habilitados no Pavillón Municipal, mellora agora as súas condicións de atención grazas a un novo espazo deseñado especificamente para ofrecer un apoio integral ás crianzas de 0 a 6 anos e ás súas familias.
O vindeiro martes, 1 de abril, ás 9:00 h, abrirase o prazo de inscrición para o Campamento de Semana Santa organizado polo Concello do Porriño. Esta iniciativa, destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase en instalacións municipais os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8:30 a 14:30 h, cun aforo limitado a 50 participantes.
Preto de 200 escolares de tódolos centros educativos do Porriño participan nos vindeiros días da coñecida como Semana Branca. Unha actividade consistente nunha viaxe de tres días a unha estación de esquí de San Isidro, provincia de León.
A Concellería de Educación do Porriño informa de que desde o 1 de marzo permanece aberto o prazo para solicitar praza nos centros educativos do municipio de cara ao curso 2025/26. As familias teñen ata o 20 de marzo para presentar as súas solicitudes, tanto de maneira presencial nos centros como a través da plataforma electrónica habilitada pola Xunta de Galicia.
Xa está dispoñible a listaxe de nenos e nenas de entre 9 e 13 anos admitidos no Campamento Dixital. Esta primeira quenda terá lugar os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no Multiusos de Torneiros.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2025. A ilustración de Carla Marques Vaquero, alumna de 4º de ESO do Colexio Santo Tomás, foi a elixida como imaxe representativa deste ano tras proclamarse gañadora do IV Concurso Escolar de Carteis do Entroido.
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de envase biodegradable
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o xefe territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez, e a concelleira de Educación Carolina González, visitaron esta semana as instalacións do CEIP Xosé Fernández López para comprobar o resultado das obras de substitución da cuberta do edificio de educación infantil, que xa están finalizadas garantizando a seguridade e correcto desenvolvemento das actividades escolares.
Se hai unha festa que nas nosas escolas se celebra con especial cariño é, sen dúbida, o Nadal. O alumnado que cursa ensinanzas de Educación Infantil e Primaria no Porriño recibe desde hoxe a visita dos axudantes de Papá Noel. As concellerías de Educación e Cultura, xunto coa OMIX organizan estas visitas dos elfos aos centros educativos os días 16, 17 e 18 de decembro, para ir con tempo a que as cartas da cativada cheguen ao Polo Norte.
O Concello do Porriño segue apostando pola promoción de hábitos de vida saUdable entre a cativada e a mocidade con múltiples iniciativas centradas na educación. No marco do Plan de Saúde Local a concellería de Sanidade e a OMIX, en colaboración co SERGAS, impulsa un ano máis o programa de “Nutrición na Escola” no que participan 400 escolares de 3º de Educación Primaria e 2ª da ESO.