Pedro Pereira e Cami Moreira incorporanse esta semana de xeito efectivo ó goberno municipal de Porriño. Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira será o primeiro tenente de alcalde de xeito que Lourdes Moure, voceira socialista ocupará a segunda tenencia de alcaldía.
O Concello do Porriño anuncia a apertura das inscricións para a primeira edición da carreira “San Silvestre Solidaria” que se disputará o 30 de decembro.Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 3 quilómetros e estará aberta a todas as idades.O comezo da carreira será ás 20.00 horas con saida desde a praza do Concello. Todos os corredores/as deberán colocarse na zona de saída alomenos 10 minutos antes do comezo da proba.
Este mércores 13 de novembro terá lugar a presentación da obra gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €. A obra galardoada chamase "A sombra das árbores" e a súa autora é Ana Abad de Larriva.
Noemí Fernández, a cantante porriñesa foi recibida hoxe no Concello pola alcaldesa Eva García e por Lourdes Moure, concelleira de Educación que lle desexaron moítisma sorte na súa inminente participación no concurso europeo “Tour Music Fest”. Vai representar a España na final dese certame que se celebrará en Roma o vindeiro 7 de decembro.
O CD Pontellas caeu eliminado esta noite no estadio de Berazubi fronte o Tolosa CF que gañou por 1-0.O único tanto acadouno o equipo local no minuto 61. Os intentos dos xogadores do club porriñés por empatar foron infructuosos.Deste xeito remata a traxectoria do “Tellas” nesta ronda previa da Copa do Rei que supuxo un premio engadido ao feito histórico do ascenso a Terceira despois de proclamarse campeón do seu grupo de Rexional Preferente na tempada pasad. Un premio, ainda que moi oneroso para a economia do club que solicitou e recibiu unha achega económica extra do Concello, de 4.000 €, para afrontar os gastos que acarreou participar nesta ronda previa.
A plantilla do CD Pontellas partiu ás 10,30 horas en autobús cara a Tolosa onde mañá mércores confía en seguir facendo historia. Teñen por diante unha viaxe de preto de 10 horas, cunha parada en León para comer.
A maioría da corporación municipal cos votos do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acordou deixar enriba da mesa a decisión sobre o terreno que solicita a asociación “ACEESCA” para construir o seu centro de formación dual.
Ana Belén Gómez recibiu hoxe de mans de David Alonso, concelleiro de Deportes, unha metopa que recoñece o papel que fixo a atleta porriñesa na recente maratón de Chicago. Ana Belén, que é ademáis funcionaria municipal, fixo unha marca de 3 horas, 10 minutos e 13 segundos para completar os 42 kilómetros.
Esta tarde celebraráse o "Wiki-Maratón" a partir das 16 horas e ata as 20 horas.Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ó público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reunense para crear ou mellorar artigos usado fontes previamente recopiladas.
Hostaleiros participantes, a asociación patronal "ACIPOR" como organizadora e o concelleiro de Comercio, Sergio Casal comparten "excelentes sensacións" despois do primeiro fin de semana do "Pinchorriño". Segundo a Asociación de Comercientes e Industriais de O Porriño os 36 locais participantes neste evento gastronómico tiveron unha grande afluencia a pesares da mala climatoloxía.