A primeira edición da “San Silvestre Concello do Porriño” terá finalmente máis de 700 participantes con dorsal por que a previsión é que haberá xente que se anime e participe sen dorsal. Cumpre lembrar que só estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil e accidentes aqueles participantes que teñan dorsal asignado.
A Federación Galega de Ciclismo confirmou que haberá 400 participantes nas diferentes probas e categorías do Cameponato de Galicia de Ciclocross que terá lugar o vindeiro domingo 29 no Porriño.
A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó Polideportivo.
O vindeiro 30 de decembro, como preludio á celebración da xa tradicional Festa nocturna de Pre-Fin de Ano, O Porriño acollerá a primeira edición da “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”. Está prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode cubrir correndo, andando, como se queira.
Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa "Tecendo lazos". En concreto do curso de "Manualidades de Moldeado e Pintado con obxetos reciclados" realizado no Centro Cívico do Porriño.
O primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festexos acudiron en representación do Goberno Municipal ó Festival de Nadal da Escola Municipal de Música de O Porriño. Celebrouse onte no Círculo Recreativo Cultural coas actuacións de sete agrupacións que rematou coa Banda de Música.
Un circuito de 2,5 kilómetros, habilitado no Velódromo do Porriño e na súa contorna, acollerá a celebración do Campeonato de Galicia de Ciclo Cross 2019 que terá lugar o domingo 29 de decembro. Disputaránse ó títulos autonómicos masculinos e femininos, en todas as categorías, desde cadetes ata master 60, cunha previsión de 400 participantes.
Apenas cinco minutos durou a sesión plenaria extraordinaria celebrada onte á noite pola corporación municipal de O Porriño. Nese intre a alcaldesa Eva Garcia tivo tempo para disculparse públicamente co voceiro municipal do PP polo acontecido no anterior pleno da corporación. E ademáis, debatiuse e votouse o único asunto da orde do día.
O pleno da Corporación local do Porriño desestimará presumiblemente mañá mércores as alegacións presentadas contra o expediente de crédito extraordinario 4/2019, a fin de garantir o pagamento a empresa “Eulen” de 470.000 €. Tratáse de aboar os servizos prestados pola devandita empresa polo servizo da piscina municipal, por recoñecemento de débeda por sentenza xudicial.