O Concello de O Porriño "agarda que o Bispado de Tui-Vigo e as empresas e aseguradoras implicadas, cheguen a un acordo para resolver as actuais diferenzas que manteñen e se poida arranxar a capela e, por conseguinte, a administración municipal sexa quen de reabrir o parque e a zona de lecer pública", manifestou hoxe Pedro Pereira, concelleiro responsable do Patrimonio.
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, participado polo Concello do Porriño, entre os catorce municipios que o integran, aposta polo Camiño e a enogastronomía como atractivos turísticos en 2021.
O goberno municipal confía en que a corporación aprobe no próximo pleno municipal que se celebrará na última semana do mes, as bases do plan de axuda económica directa aos sectores máis afectados pola pandemia.
Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.
David Alonso, concelleiro delegado de Turismo anunciou que o Concello ofrece asesoramento aos cidadáns do Porriño que queiran solicitar as axudas económicas que a Xunta de Galicia vén de convocar para a mellora paisaxística dos activos que se atopan no Camiño de Santiago. Trátase de axudas para particulares de ata 10.000 euros, ata un máximo do 75% do custo da actuación, segundo establece a Xunta de Galicia. No caso das entidades locais, como de feito solicitará o propio Concello do Porriño, a axuda alcanza os 15.000 euros.
Persoal do Concello repartiu esta mañá por establecementos e na Praza de Abastos, carteis da campaña "Agora máis que nunca nos perdamos a proximidade", en apoio do comercio local.
O sector da hostalaría local tivo unha resposta desigual ante a posibilidade de abrir dende hoxe os seus establecementos segundo o establecido no plan de desescalada promulgado pola Xunta de Galicia. O Porriño está no nivel máis restritivo de xeito que os establecementos tan só poden servir nas terrazas, cun aforo reducido ao 50%, cun máximo de 4 persoas por mesa, sexan ou non conviventes. E deberán pechar ás 17 horas.
O Concello do Porriño solicitou á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, unha mellora das deficiencias estruturais que presenta o inmoble do Albergue de Peregrinos. David Alonso, concelleiro de Turismo entrevistouse hoxe en Santiago con Ildefonso de la Campa, director da S.A. do Plan Xacobeo.
Eva García, alcaldesa de O Porriño participou este mediodía, xunto con outros alcaldes e alcaldesas de concellos da ruta xacobea, nunha reunión telemática coa presidenta da Deputación. Tratouse dunha reunión da Mesa Provincial do Camiño na que Carmela Silva explicou aos responsables municipais as diferentes iniciativas que a Deputación está a desenvolver para pór en valor este itinerario cultura como un eixe estratéxico da estratexia turística de O Porriño e demais concellos do Camiño.
Coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal, o Concello do Porriño comezou os actos do "Ano Arquitecto Antonio Palacios" coa ocasión do 75 aniversario do seu pasamento que se cumpre hoxe o 27 de outubro.
A campaña “Parte de ti”, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural do que forma parte o Concello do Porriño, pon en valor o produto local, baseado nas historias persoais de alguén, como José Manuel Fernández, de “O Forno de Mosende”, que elabora o noso pan porriñés de xeito tradicional.
O XVII Festival de Cans adicará os actos programados para esta tarde aos veciños da parroquia, coa presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García e os concelleiros, David Alonso e Sergio Casal, ambos nativos de Cans.Coa descuberta do traxe do Can -20 horas, na rotonda-, comezará o primeiro serán do Festival. Precederá á colocación da distinción, no Muro dos Chimpíns, coa que o Festival de Cans homeaxea este ano á veciña e enfermeira Merchi Sánchez -20.30 horas-. Con esta distinción, ponse en valor o traballo de Sánchez, quen ideou a creación, hai xa 8 anos, do servizo médico do Festival, Traballa coma voluntaria nun equipo que ela organiza e coordena cada ano sen aforrar esforzos nin compromiso.A homeaxe dará paso a unha das actividades desta edición do certame máis esperadas na aldea: a Noite dos Veciños coa presentación do documental A Canteira de Cans. Será no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río a partir das 21 horas. Coordinado polo artista porriñés, Juanma Lodo, do proxecto Cans 303, o documental recupera a memoria da canteira de Cans, un lugar esquecido do que non queda máis que un buraco no monte na zona coñecida como “A Pedreira”. Nel participan veciños e veciñas que contan o que recordan, o que saben, ou o que viviron, da antiga instalación.