A Biblioteca Municipal organiza este luns, día 10 de abril, un 'faladoiro' sobre o protagonista do 'Día das Letras Galegas 2017', Carlos Casares, a cargo de Gustavo A. Garrido, amigo secretario da fundación que leva o nome do escritor
O Concello do Porriño desenrolará durante todo o mes de febreiro, un intenso programa cultural e de actividades, que van dende obradoiros, pasando por conferencias ou animación na rúa, que chegará ao seu punto álxido entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, coa celebración do 'Entroido 2017'.
O Porriño será, por segundo ano consecutivo, sede da fase final da Copa da Raína de Balonmán, competición que se xogará os días 28, 29 e 30 de abril. Finalmente, as negociacións entre o Goberno local, a Alcaldía, a Concellería de Deportes e distintas administracións e empresas privadas fixeron posible dispor do orzamento necesario para que a vila volva a ser sede desta competición.
O Porriño prepárase xa para a Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos, que chegarán á vila o xoves, día 5, ás 6 e media da tarde. A esa hora Melchor, Gaspar e Baltasar, sairán nas súas carrozas cara ao centro antes de empezar, xa pola noite, o reparto dos xoguetes.