Cabecera-San-Roque.jpg
Festas de San Roque, en Torneiros dende este martes, 15 de agosto
Dende este martes, día 15, seguindo o mércores, 16, e o xoves, día 17 de agosto, Torneiros celebra as Festas en honra de San Roque.
M.jpg
Este martes, día 15 de agosto, non hai Mercadiño no Porriño
Este martes, día 15 de agosto, coincidindo co día festivo, non haberá o habitual mercadiño do Porriño, como informa o concelleiro Orlando Márquez.
Novas-papeleiras.jpg
Empeza a substitución das papeleiras no Porriño, colocaranse cinceiros e 'pipi-cans' e aplicarase, de xeito rigoroso, a Ordenanza de Convivencia Cidadá
A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar a colocación das novas papeleiras en distintas partes do casco urbano do Porriño no que é o inicio dun proceso que abranguera todas as parroquias e que seguirá nas vindeiras semanas.
20170803_110559.jpg
A Confederación do Miño-Sil empeza a recuperación das beiras do Louro nunha actuación que completará o Concello con varias actuacións nas vindeiras semanas
O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, xunto coa concelleira Soledad Girón e o concelleiro Orlando Márquez, acompañaron este xoves ao presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz, na visita que fixeron ás obras iniciadas pola Confederación, na beira do río Louro ao seu paso pola vila.
Trolls-filme.jpg
Este xoves, día 3, na Praza de Antonio Palacios, proxección da película 'Trolls'
Este xoves, día 3 de agosto, ás 9 e media da noite, na Prza Arquitecto Antonio Palacios, ‘Trolls’, unha película do ano 2016, para todos os públicos.
Aeromodelismo.jpg
14 pilotos competirán por levarse o vindeiro sábado, día 5 de agosto, o 'II Open Internacional Concello do Porriño F5J2017' de Aeromodelismo
Catorce pilotos teñen confirmada a súa participación, o vindeiro sábado, día 5 de agosto, no ‘II Open Internacional Concello do Porriño F5J2017’ de Aeromodelismo, que terá lugar en Pontellas dende as 10 e media da mañá, organizado polo Club Furaventos do Porriño.
CabritoEspeto2.jpg
Chenlo prepara a 'IX Festa do Cabrito ao Espeto', que se celebrará o vindeiro domingo, día 6 de agosto
O vindeiro domingo, 6 de agosto, Chenlo celebrará a “IX Festa do Cabrito ao Espeto”. O campo de fútbol, en Chan da Carreira, será o escenario deste evento que permite recuperar a forma tradicional de cociñar o cabrito nesta zona.
Budino1.jpg
A fin de semana Budiño celebra a Festa na honra a San Salvador
A vindeira fin de semana,  sábado e domingo, 5 e 6 de agosto, organizada pola Comisión de Festas San Blas de Budiño 2018, a parroquia de Budiño celebra a Festa na honra a San Salvador. A mesma empezará ás 11 da mañá do sábado coa misa cantada pola Coral Polifónica do Centro Cultural A Forna e a procesión co grupo de gaitas ‘O son da Forna de Budiño’.
feriaecologica01.jpg
Este 25 de xullo, aínda que sexa festivo, O Porriño celebra o seu mercadiño de todos os martes
Aínda que este, 25 de Xullo, sexa o Día de Galicia e festivo en todo o territorio galego, o habitual mercadiño do Porriño dos martes abrirá con total normalidade, como informa o concelleiro Orlando Márquez.