Lourdes Moure y Orlando Marquez, concelleiros do equipo de goberno municipal emprenderán mañan mércores unha viaxe ata a vila croata de Vrgorac para establecer un irmandamento co Concello de Porriño. Tratase dun proceso semellante ó que se fixo coa cidade francesa de Fronçac para o intercambio de escolares que está a realizarse. De feito, representantes da mancomunidade municipal Fronsadais tamén acudirán á vila croata para participar e amplar lazos.
O xoves 28 presentase o libro "Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia” que recopila bocetos, debuxos, apuntes e pinturas dos que unha parte se exhibe na exposición que alberga o Centro Cultural Municipal dende febreiro. Precisamente a presentación do libro farase no mesmo Centro Cultural ás 20,30 horas.
Máis de 80 nen@s inscribironse nesta tempada de 2019 nas escolas de ciclismo da Asociación Deportiva "Avanza-Concello de Porriño" que fixo a súa presentación oficial neste serán. A mocidade que vai aprender ciclismo, BTT e ciclocross da mán de antigas figuras do deporte do pedal, abranguen un amplio espectro que vai dende os máis pequenos, os pre-benxamíns, ata os maiores que militarán na categoría junior.
O Porriño celebra este domingo, día 13 de maio, a tradicional ‘Festa dos Cachos’ na que se agarda que centos de persoas dean conta de centos de pratos deste crustáceo, “digno de reis”, como sinalou a alcaldesa, Eva García de la Torre, durante a presentación.
A presidenta da Deputación, acompañada polo deputado de Cooperación, David Regades, e pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o Concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, asistiu esta mañá á inauguración das novas obras do Campo de Fútbol do Carballo, instalacións empregadas polo U.D. Atios onde habitualmente adestran máis de 250 deportistas de equipos de todas as categorías.
Xa podes consultar a Programación Cultural de novembro no Porriño premendo aquí, entrando en http://ecultura.net/, ou nas redes sociais municipais, Facebook- Concello do Porriño- ou Twitter-@PorriñoConcello-.
11 estudantes alemáns procedentes da cidade de Oberhausen están dende o pasado día 23 no Porriño nunha viaxe de intercambio incluído no ‘Programa Multi’, no que participan diferentes socios internacionais co el principal obxectivo de desenrolar actividades conxuntas entre rapazas e rapaces de diferentes culturas.
Os amantes do tapeo teñen unha nova cita co Pinchorriño, a cita gastronómica organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) e a Asociación de Hostaleiros da localidade coa colaboración do Concello.
Dende á Concellería de Mocidade (OMIX) do Concello do Porriño en colaboración ca Deputación Provincial de Pontevedra, está previsto poñer en marcha o programa ‘Tecendo Lazos’.
A entidade ‘Llega 800’, está a levar adiante no Porriño as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios da TDT, que son de balde para os veciños afectados polo inicio da prestación do servizo de telefonía móbil 4G, que pode afectar á recepción da televisión dixital terrestre.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Tráfico, Orlando Márquez, mantiveron este martes, en Vigo, unha xuntanza, solicitada polo Goberno local, co xefe territorial da Consellería de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díaz Yañez, na que expuxeron os problemas causados na vila tras a posta en marcha do novo Plan de Transportes.
Organizado pola OMIX do Concello do Porriño e a Deputación Provincial de Pontevedra, este sábado tiveron lugar na Praza de Antonio Palacios as actividades do programa ‘Deporuarte’, dirixido a mozas e mozos maiores de 12 anos.