A Xefatura da Policía Local informa dos cortes de tráfico así como a prohibición de estacionar nas vías públicas que se mencionan, debido á celebración do VI Triatlón Concello do Porriño que terá lugar na tarde do sábado 8.Adxuntamos os dous carteis informativos distribuídos pola Policía Local para coñecemento xeral de conductores e veciños.
O sábado 1 de xuño celebrase a quinta edición do Festival Porriño sobre Rodas que organiza o "Clube Patin Porriño".As actividades desenrolanse dende as 10 da mañán ata as 14 horas e polo serán dende as 17 horas ata as 20 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, na pista 1.Por este motivo, a Policía Local cortará e restrinxirá o tráfico na rúa Doantes de Sangue, no treito entre a pista 1 e o colexio, a partir das 9 horas e ata as 21 horas. Voluntarios de Protección Civil realizarán a a vixiancia correspondente.
Informes da Policía Local de Porriño confirman que onte á noite rexistrouse unha avaría nas barreiras do paso a nivel no centro da cidade que durou aproximadamente 90 minutos. Durante ese tempo mantívose a circulación de trens, pero cunha evidente reducción da velocidade de paso, a consecuencia de que o xestor ferroviario ADIF fora alertado da incidencia.Os atestados sinalan que a Policía Local de Poio recibiu varias chamadas que alertaban de que as barreiras do paso a nivel non baixaban. Unha patrulla policial acudiu ó lugar (ás 22,45 horas) e verificou a incidencia, avisando de inmediato a ADIF. Mentres a patrulla permaneceu no lugar, comprobaron que dous convois ferroviarios pasaron a menos velocidade da habitual como precaución ante o fallo das barreiras.Ás 0.15 ADIF notificou á Policía Local de Porriño que solucionara a avería das barreiras.Ante esta nova circunstancia, o goberno municipal de Porriño reitera que no intre que estea constituída a nova corporación local, retomaranse as xestións cara ás administracións públicas competentes para suprimir este paso a nivel conforme a reivindicación unánime de toda a sociedade porriñesa que a alcaldesa, Eva García trasladou á presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera na última reunión celebrada.
As estimacións da organización apuntan que a sexta edición do Triatlón Concello de Porriño que se celebrará o vindeiro 8 de xuño, superará os 200 participantes, á vista de que hoxe en día hai máis de 150 inscripcións feitas. A inscripción estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba. Lembrar que se trata da sexta edición porque en 2018 non chegou a celebrarse ó decretarse a suspensión da mesma ó coincidir coa explosión de material pirotécnico en Paramos (Tui).
A Policía Local de Porriño informa que o xoves 30 de maio, a partir das 8 horas da mañan, prohíbese o aparcamento de vehículos na rúa Manuel Rodríguez, dende a intersección coa rúa Xogo da Ola, ata a altura do nº 84 da rúa Manuel Rodríguez. E a partir das 8,30 horas, cortarase o tráfico de vehículos pola citada rúa para comezar a montaxe dos stands para a IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros sábado 1 e domingo 2 de xuño.
A Xefatura Provincial de Tráfico autorizou o corte de circulación na estrada Nacional 120 co gallo do Festival de Cans, segundo informa a Policía Local de Porriño.
A Policía Local de Porriño informa de diversas actuacions de control do tráfico e da seguridade desenroladas nestes últimos días que deron como resultado a instrucción de dilixencias contra varios conductores por positivos, nalgún caso espectaculares, tanto por inxesta de alcohol coma por consumo de drogas.
250 escolares de colexios de Porriño participaron no curso de Seguridade Vial que imparte cada ano a Policía Local cuia parte práctica vén de concluir en marzo. Interviron alumnas e alumnos de Sexto de Primaria dos centros educativos de Atios, Cruz Budiño, Santo Tomás, Xosé Fernández López, Antonio Palacios, Ribeira y Hermanos Quiroga.
Un VW Golf, coa súa preceptiva rotulación oficial como vehículo policial, incorporouse hoxe ó parque móvil da Policía Local de O Porriño. O novo vehículo vén a atender ás demandas da plantilla que se canalizaron a través dos sindicatos que viñan reivindicando a necesidade de renovar esa dotación.
O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila e coa colaboración da Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos. A praza tamén está sinalizada no chan pintado co logotipo da biblioteca pública e a palabra “Biblioteca”.