Dende o xoves, corte de tráfico na rúa Manuel Rodriguez pola montaxe de stands da IV Feira do Pan do Porriño

A Policía Local de Porriño informa que o xoves 30 de maio, a partir das 8 horas da mañan, prohíbese o aparcamento de vehículos na rúa Manuel Rodríguez, dende a intersección coa rúa Xogo da Ola, ata a altura do nº 84 da rúa Manuel Rodríguez. E a partir das 8,30 horas, cortarase o tráfico de vehículos pola citada rúa para comezar a montaxe dos stands para a IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros sábado 1 e domingo 2 de xuño.

Segundo ACIPOR e o sector de panadeiros de Porriño precisan preto de dous días para a instalación dos 16 stands e demais elementos da Feira.

A Policía Local de Porriño velara polo cumprimento destas restricións para garantir a seguridade.