Con data de hoxe, o Concello do Porriño comunicou ao SERGAS a concesión de licenza de construción para a proxectada reforma e ampliación do Centro de Saúde, segundo comunicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas e Urbanismo. O primeiro tenente de alcalde manifestou que “unha vez máis urximos á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para que acometa a prometida ampliación”. O licenza de construción é para unha ampliación de 1.105 metros cadrados do actual inmoble e conta cun orzamento de 2,9 millóns de euros. A licenza outorga concédese baixo varias condicións: previo ao comezo das obras, o Servizo Galega de Saúde deberá achegar ao Concello entre outros trámites, proxecto de execución e constituír unha garantía cuxo importe calcúlase nunha cantidade de 7.800 euros para facer fronte a posibles danos na vía pública e nos bens municipais durante a execución das obras.
Coa localización do último “tesouro” que aconteceu onte martes, remata o xogo “A Miña Avoa”, unha iniciativa promovida polo Concello para dinamizar o consumo no comercio de proximidade e na hostalería locais.
Os deputados provinciais, Santos Héctor e Ana Laura Iglesias, acompañados da alcaldesa do Porriño, Eva Garcia, do primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira e dos concelleiros Lourdes Moure e David Alonso comprobaron hoxe en Torneiros o resultado das obras de asfaltado realizadas polo Concello, sufragadas coa achega da Deputación de Pontevedra, a cargo do Plan Concellos 2020. Tamén participaron do percorrido Enrique Navarro, xerente e Lucía Barros, directora de obra da empresa "Fechi" que foi a contratada para executar os asfaltados.
Desde esta mañá xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para recibir axudas económicas directas con cargo ao “Plan Porriño Impulsa” que dispón dun fondo de 140.000 € aportados polo Concello e pola Deputación. As bases e os impresos das solicitudes xa están dispoñibles na páxina web do Concello.
David Regades, delegado do consorcio Zona Franca entregou este mediodía, en presenza da alcaldesa, Eva Garcia, as chaves do local que acollerá a futura gardería infantil dos polígonos industriais da Granxa e das Gándaras.
A partir de mañá, sábado 10 de abril comeza o xogo "A Miña Avoa", unha iniciativa do Concello en colaboración coas asociacións de comerciantes "ACIPOR" e de hostaleiros "AHOSPOR", para estimular o consumo dos porriñeses no comercio de proximidade e na hostalería local.A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza este certame que promove o Concello, a través da Concellería de Festexos e co apoio da Concellería de Comercio e coa producción a cargo da firma “Especialistas Hípica Celta”.O xogo, aberto a toda a cidadanía da vila, consiste na procura dun "tesouro", premios de 50€ para consumir no comercio e na hostalería locais. Da protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén, porque os premios reverten no consumo das propias empresas locais.
O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma "Soom Management", a explotación da Piscina Municipal. Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, da piscina municipal.
Cento vinte e seis establecementos, unha cifra que aínda pode medrar un pouco máis, entre locais de hostalería e comercios de proximidade participarán na iniciativa “A Miña Avoa”, un xogo para dinamizar o consumo no Porriño.
O Concello do Porriño , a través da Concellería de Festexos e a OMIX presentará este luns "A miña Avoa", unha iniciativa que vai poñer en marcha contando coa colaboración da Asociación de Comerciantes (Acipor), os Hostaleiros do Porriño (Ahospor), e os establecementos non asociados, durante os meses de abril e maio.A presentación terá lugar este luns, ás 13 horas, no salón de sesións do Concello.
Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. O orzamento ascende a 9.769 €.
Están a rematar as obras de restauración da Fonte da María Rosa en Pontellas. Despois de anos en estado de abandono, a Concellería de Patrimonio que dirixe o nacionalista Pedro Pereira, está a levar a cabo obras de mellora e conservación neste elemento patrimonial municipal. O proxecto execútase con cargo a unha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra. O orzamento ascende a 9.769 €.