PlandeEmprego1.jpg
O Porriño propón a contratación de 43 persoas desempregadas para apoiar os servizos municipais
O Concello do Porriño vén de presentar un plan de apoio á prestación de servizos municipais que permitirá a contratación de 43 persoas desempregadas que desenvolverán función nos diferentes departamentos municipais.
MelloraBeirarruas1.jpg
Por un Porriño máis habitable: en marcha un plan de mellora das beirarrúas do casco urbano
O Concello do Porriño executará un ambicioso plan de obras para mellorar a accesibilidade das rúas do centro urbano.
AlejandroLorenzo_AntiaCarrera.jpg
O novo Goberno Municipal presentará un recurso para recuperar 645.000 euros perdidos do REACPON para humanizar Antonio Palacios
O novo goberno municipal, presidido por Alejandro Lorenzo, recurrirá o ditame da Deputación de Pontevedra que desestima a achega ao Concello do Porriño ao abeiro do programa REACPON. 
Equipo-de-Gobierno-PP-posado-23-diciembre-2021.jpg
O novo goberno municipal potenciará a atención cidadá e a transparencia, e dedicará unha concellería á terceira idade
O alcalde Alejandro Lorenzo fixo público hoxe o reparto de responsabilidades e delegacións entre os seus concelleiros. Destaca a creación das áreas de Atención Cidadá e Transparencia que dependerán da concelleira Antía Carrera.
Mercado-ambulante-Leandro-Diz-6.jpg
Sergio Casal valora a "boa acollida" da nova localización do mercado
O concelleiro responsable, Sergio Casal valorou "a boa acollida" que tivo a nova localización do mercado ambulante que hoxe abriu na rúa Leandro Diz e parte da rúa Xogo da Ola. O concelleiro destacou “a boa acollida do público en xeral e o acordo total cos vendedores ambulantes”.
Posado-final-presentacion-PINCHORRINO.jpg
Presentado o "Pinchorriño 2021" que comezará o venres 5 con 27 establecementos participantes
A alcaldesa Eva García presidiu hoxe a presentación de "O Pinchorriño", a décimo quinta edición das xornadas de pinchos no Porriño que arrancarán o vindeiro venres día 5, coa participación de 27 establecementos.
Rua-Leandro-Diz.jpg
O concelleiro e os ambulantes acordan o traslado do mercado semanal á rúa Leandro Diz, a partires do 9 de novembro
O concelleiro de Mercados, Sergio Casal e unha representación de vendedores ambulantes acordaron este mediodía trasladar o mercado semanal á rúa Leandro Diz. Concretamente no tramo da rúa Leandro Diz comprendido entre o cruce coa rúa Xogo da Ola ata a cervexería "Colleo co pinzas".
Mercado-ambulante-S-BEnito-y-S-Sebastian.jpg
O Concello autoriza que o mercado semanal se celebre o martes 12
A Concellería de Comercio que dirixe Sergio Casal comunica que o Concello acordou, á vista do solicitude do colectivo de vendedores ambulantes, autorizar a celebración do mercado semanal o vindeiro martes 12, a pesar de ser festivo nacional.Os postos instalaranse, do mesmo xeito, en San Benito e San Sebastián.
1632913189959.jpg
A alcaldesa convida a vir ao Porriño para gozar dos callos e do pan
A alcaldesa Eva García fixo un chamamento aos veciños e veciñas da área metropolitana de Vigo para que acudan o vindeiro domingo, 3 de outubro, a participar e gozar da Festa dos Callos en Porriño, que porá o broche final ás Festas do Cristo.
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
Convocadas catro comisións informativas, preparatorias do próximo pleno municipal ordinario
Este mércores 22 convocáronse catro comisións informativas. Trátase das comisións municipais de Urbanismo; Limpeza; Economía, e de Contas, a celebrarse entre as 18:00 e as 19:00 horas.
IMG_1934.jpg
Presentada a 24ª feira de oportunidades "Merca na Rúa"
Sergio Casal, concelleiro de Comercio e Noelia Conde, xerente da asociación de comerciantes do Porriño (ACIPOR) presentaron hoxe a edición número 24 da feira de oportunidades "Merca na rúa" que terá lugar a vindeira fin de semana do sábado 1 e domingo 12 de setembro, co patrocinio do Concello do Porriño.
Concello-Porrino-fachada-lateral.jpg
A xunta de voceiros municipais debateu novas propostas de axuda á economía local e futuros convenios coas comunidades de montes
O alcalde accidental, Pedro Pereira presidiu hoxe a reunión da xunta de voceiros municipais que abordou dous asuntos: novas propostas de axudas á economía local e a negociación de convenios coas comunidades de montes. O concelleiro de Promoción Económica, David Alonso solicitou aos restantes grupos da corporación que fixeran as súas propostas sobre que destino darlle aos cartos sobrantes do fondo de axudas Covid que ao longo deste ano repartiu o Concello entre establecementos de hostalería, comercio, autónomos e micro empresas que as solicitaron. A partida era de 140.000 € dos que se entregaron achegas por importe de 112.280 € polo que a cantidade nos disposta é de preto de 28.000 €. Acordouse que o concelleiro daralle forma a unha proposta para habilitar unha convocatoria de axudas á que poderán presentarse establecementos, autónomos e micro empresas que non tiveran recibido anteriormente achegas desta liña de axudas ”Porriño Impulsa”. Por outra banda, Pedro Pereira, en condición de concelleiro de Patrimonio Municipal informou aos voceiros dos grupos da corporación que está a negociar coas comunidades de montes. Trasladoulles un borrador de convenio coa comunidade de montes de Budiño que establece unha cesión de uso dos locais namentres non haxa unha resolución xudicial firme. Pereira Fernández informoulles que tamén está a traballar e negociar outro convenio similar coa comunidade de montes de Atios.