A concelleira de Educación, Lourdes Moure presidiu o acto de presentación da obra "A sombra das árbores" de Ana Abad de Larriva, gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €.No acto celebrado no Centro Cultural Municipal de O Porriño, asistiron ademáis da concelleira e da autora asistiron Francisco Castro, director de "Editorial Galaxia" e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario "Ribeira do Louro" .
Este mércores 13 de novembro terá lugar a presentación da obra gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €. A obra galardoada chamase "A sombra das árbores" e a súa autora é Ana Abad de Larriva.
O vindeiro martes 19 de novembro terá lugar unha actividade concertada cos centros de ESO de O Porriño para prevención das violencias sexuais. Será a partir das 10:00 horas no Círculo Recreativo e Cultural.
A maioría da corporación municipal cos votos do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acordou deixar enriba da mesa a decisión sobre o terreno que solicita a asociación “ACEESCA” para construir o seu centro de formación dual.
Esta tarde celebraráse o "Wiki-Maratón" a partir das 16 horas e ata as 20 horas.Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ó público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reunense para crear ou mellorar artigos usado fontes previamente recopiladas.
O goberno municipal de Porriño cos votos dos concelleiros do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acadou desbloquear parte dos pagos pendentes de facturas que se viñan arrastrando desde hai tempo. Do total que se levaba a aprobación plenaria acadouse aprobar ós pagos de case que 1,7 millóns.
A Biblioteca Municipal informa que segue aberta ainda a inscrición para participar no "Wiki Maratón" que se vai celebrar o vindeiro luns 4 de novembro.
O concelleiro David Alonso, en representación do goberno municipal, e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta, asistiron á función final do ciclo de teatro para adultos.
A Biblioteca do Porriño informa da apertura do plazo de inscricións para as actividades formativas do último trimestre do ano que denomina “Traballando na aprendizaxe permanente”. Trátase de accións non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante.
O Concello do Porriño informa que a partir do 1 de outubro abrese o prazo de inscrición para o curso de manualidades de moldeado e pintado de obxectos que se vai a realizar no Centro Cívico durante os meses de novembro e decembro.
Dende este xoves 26 de setembro, permanecerán expostas as listas coa orde da matrícula para o curso 2019-2020 que se poden consultar na Escola Municipal de Música e no Centro Cultural Municipal do Porriño.
A corporación local do Porriño aprobou ata tres mocións diferentes para expresar a súa preocupación pola situación de emerxencia climática que terá expresión na participación o vindeiro venres na Xornada Mundial contra o Cambio Climático. Escolares e estudantes de todos os centros de ensino do Porriño concentraránse ante o consistorio a mediodía e contarán coa adhesión do Concello.