Entre as comisións informativas municipais que se van celebrar este mércores para preparar o vindeiro pleno, engadiuse a convocatoria da Comisión de Asuntos Sociais na que os grupos municipais de EU Son e BNG presentan sendas mocións en defensa da sanidade pública.
O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa "Sociser Galicia" do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta un orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.
O Goberno Municipal do Porriño instou á Xunta de Galicia a resolver as deficiencias que apareceron nos centros educativos de Torneiros, tanto na Escola Infantil Galiña Azul como no CEIP Antonio Palacios. A través de dúas cartas o Concello porriñés reclama a sendas instancias da administración autonómica que poña os medios necesarios para arranxar os problemas detectados.
Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa "Tecendo lazos". En concreto do curso de "Manualidades de Moldeado e Pintado con obxetos reciclados" realizado no Centro Cívico do Porriño.
O primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festexos acudiron en representación do Goberno Municipal ó Festival de Nadal da Escola Municipal de Música de O Porriño. Celebrouse onte no Círculo Recreativo Cultural coas actuacións de sete agrupacións que rematou coa Banda de Música.
Mañá martes comezarán a traballar os voluntari@s inscritos para seleccionar e embalar os alimentos non perecedoiros recollidos durante a campaña #GivingTuesday (Martes para Dar), na que o Concello do Porriño implicouse conforme o acordo que acadou o pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro.
Francisco Jiménez Gabarres foi o encargado de falar hoxe como voceiro do Consello de Participación Infantil de O Porriño durante as III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia que se celebra en Boqueixon.Francisco, máis coñecido como Curro, é alumno do CPI da Ribeira e falou esta mañá sobre a pobreza.
Alumn@s de centros escolares de O Porriño participarán mañán mércores en Boqueixón, nas III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia.A comitiva de nen@s de O Porriño acudirá acompañados de Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello.
As imaxes que acompañan esta nova dan boa fe do exitazo que está a ter a recollida de alimentos que se realiza con motivo do #GivingTuesday e que continuará ata o vindeiro mércores día 11.
O Concello de O Porriño, a través da OMIX fai un chamamento para que todos aqueles porriñeses interesados en botar unha mán participen como voluntarios para a clasificación e reparto dos alimentos recollidos no #GivingTuesday
O local da Asociacion de Veciños de Atios foi a primeira quenda dos cursos de primeiros auxílios de nível básico que tamén impartense polas parroquias do Concello. Trátase dunha iniciativa que promove a Concellería de Seguridade e Educación que dirixe Lourdes Moure.