A ‘Carreira Nocturna’ de ciclismo, que forma parte da programación das Festas do Cristo, disputarase na data anunciada: o venres 29 de setembro, dende as 8 da tarde, pero será polo Centro do Porriño e non nas Pistas de Torneiros, como se anunciara.
Preto de 80 actos, propostas, actividades, actuacións ou competicións deportivas, están previstas durante a duración das Festas do Cristo deste ano que abrangue máis aló dos días centrais das mesmas chegando ata o vindeiro 1 de outubro, data na que está prevista a celebración do Encontro Internacional de Aeromodelismo, por suposto en Pontellas.
O vindeiro domingo, día 10 de setembro, dende as 11 da mañá, organizada pola Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia de Santa María do Porriño, 'Festa da Risca'.
A Biblioteca Municipal do Porriño segue a súa programación de cursos e actividades para 2017, co obxectivo de que a mesma siga a ser un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social e un servizo público de importancia na sociedade actual.
O Club Furaventos de O Porriño organiza esta fin de semana, 26 e 27 de agosto, dende as 10 da mañá, o Open Nacional F3Q Acro, de acrobacia con grandes veleiros e o encontro de pilotos de Aeromodelismo, que se disputará na Pista de Aeromodelismo de Pontellas.
Nos primeiros sete meses deste ano durmiron no albergue do Porriño 3.154 peregrinos, 464 máis que nos mesmos meses de 2016, o que sinala un incremento do 17,2% en relación cos 2.695 que estiveran ata xullo do ano pasado.
A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, coa colaboración do Concello do Porriño, organiza os días 25, venres, 26, sábado, e domingo 27 de agosto, as Festas en honra de San Sebastián.