O alcalde Alejandro Lorenzo recibe a este veciño de Pontellas ás portas de subirse ao podio no acto de entrega de trofeos que se celebrará a vindeira fin de semana en Lisboa
Convoca aos comerciantes da vila a unha xuntanza o vindeiro martes 26 para avaliar a súa reposta a esta iniciativa e escoitar posibles propostas co fin de dar visibilidade e incrementar a competitividade do comercio de proximidade, converténdoo nun motor de atracción para toda a veciñanza e visitantes
A Praza Arquitecto Antonio Palacios acolle mañá a proxección do filme “Gru 4 Mi villano favorito” e o domingo tobogán xigante, inchables de auga e festa da espuma
O barrio celebra, dende mañá, tres xornadas cunha exposición de fotos, actividades para a cativada, concerto de Emilio Rúa, unha gran sardiñada e a queima da fachada
O Porriño, 20 de agosto de 2025.- Co gallo da celebración do Entroido de Verán, o vindeiro sábado 23 de agosto habilitarase un servizo especial de autobuses entre O Porriño e Redondela, co obxectivo de facilitar os desprazamentos e garantir unha alternativa segura e cómoda para todas as persoas que queiran gozar da festa.
O alcalde Alejandro Lorenzo trasladoulle os parabéns polo éxito logrado no Día de Galicia e moito ánimo para afrontar o novo reto para o cal se está a preparar, a conquista do Campionato Galego de Boxeo Élite
O Concello organiza unha viaxe a Ribadeo logo de que ambos pobos se irmandasen honrando a memoria deste empresario que contribuíu ao desenvolvemento económico e cultural das dúas vilas