A pista 2 do Polideportivo Municipal, unha vez rematadas as obras de lixado, arranxo e colocación da nova superficie de madeira para concluír a reparación dos danos ocasionados polas inundacións do 1 de xuño, estrea nova imaxe co pintado das liñas da cancha en cor morada.
A triatleta Aida Valiño, flamante fichaxe do novo equipo ciclista porriñés "Louriña Cycling Team", produto da fusión entre "Máster da Louriña" e "A.D. Avanza", proclamouse campioa galega de contra reloxo individual 2020, na categoría elite. Cun crono de 19:36, Aida amosou a súa calidade. Hai que ter en conta que volveu á competición xa que estivo aleixada do ciclismo nestes últimos anos despois da súa maternidade e de sufrir dous accidentes de tráfico cando adestraba.
O Concelleiro de Deportes, David Alonso e o xefe do Servizo, Julio Bernárdez comprobaron a instalación no Polideportivo Municipal das novas canastras laterais xa que as anteriores estaban moi deterioradas.
Preto de trinta establecementos do Porriño participaron na 27ª edición da Festa dos Callos que se celebrou este domingo. Segundo acordaron establecementos e organizadores, cun novo prezo único, de 6 euros que incluía ración de callos, pan e a cazola conmemorativa.
A Sala de Estudo Municipal, habilitada no Centro Cívico, vén de ampliar o seu horario de apertura: de 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h., de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria oportunas pola COVID-19, segundo anunciou hoxe Cami Moreira, concelleira de Cultura.
A Concellería de Cultura e Festexos informa dun cambio de emprazamento do espectáculo de danza de Anxela Blanco que está previsto para este sábado 3 de outubro. Non se celebrará na Praza do Cristo senón que terá lugar no Centro Cultural Municipal, á vista das previsións de choiva para o sábado. Este cambio supón unha adaptación a un espazo interior polo que non se representará o que estaba previsto inicialmente, chamado ‘Voo’, senón outro de nova creación nomeado ‘Chove’”, anuncia a Concellería que dirixe Cami Moreira. O cambio de recinto supón tamén un aforo restrinxido (75 espectadores) con entrada libre e de balde ata completar ese aforo, polos protocolos anti-covid. A duración do evento será de 30 minutos.
Hoxe luns 28, festivo local no Porriño, a programación das Festas do Cristo ofrecerá un espectáculo musical que mesturará a ópera coas artes urbanas como o break dance e os dj’s. O espectáculo que comezará ás 18 h. na praza do Concello, cun aforo reducido, está producido por “Vella Escola”. O seu responsable, Pablo Castiñeira explicou que na posta en escena “sumaremos o talento operístico da soprano Esperanza Mara cos bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock e co DJ Mil”. “Trátase dunha fórmula nova que coido que é un formato que debemos promover pois estas novas formas de espectáculo pretenden acercar a ópera e as artes urbanas a outros públicos”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Festas y Cultura. “Pretendemos quitar ese aire de que a ópera é un espectáculo para adultos e elitista, cando realmente é unha manifestación musical que pode conxugar moi ben coa arte urbana. Ofreceremos unha fusión entre contar unha historia en formato operístico apoiado con bailes de cultura urbana cun resultado espectacular”, engadiu a concelleira de Festas e Cultura.
A Concellería de Cultura e Festexos decidiu adiar sine die a actuación da banda "Os Bregadiers" prevista para o domingo 27, á vista das previsions climatolóxicas. Deixamos ligazón coa páxina web de Cultura.
A Concellería de Cultura e Festexos ven de decidir unha serie de modificacións na programación das Festas do Cristo 2020 para hoxe e vindeiros días debido ás previsións climatolóxicas adversas.
O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra, foi o gañador desta primeira edición da Batalla de Debuxantes “ImprovisDado”, unha novidade no programa das Festas do Cristo 2020.