O Concello do Porriño, dende a Concellería de Cultura, ofrece un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, colabora coa parroquia de Atios nos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2021.
Despois de que a mocidade do IES Ribeira do Louro, fixera o proxecto plástico das lonas que están expostas no Centro Cultural Municipal e no Concello, desde o 6 deste mes podemos gozar dos poemas de Xela Arias e retratos do fotógrafo Xulio Gil que forman parte da exposición ““Poesía do Retrato” no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. Ata o 30 de maio.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, colabora coa parroquia de Atios nos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2021. O departamento que dirixe Cami Moreira informa que colabora coa Asociación Cultural “Os Penediños” de Atios nos actos organizados en homenaxe a Xela Arias e que se desenvolverán o vindeiro luns 17 de maio, ao longo da tarde, segundo o programa que aparece na imaxe adxunta. A subliñar, tamén, a colaboración da Deputación Provincial.
Este mediodía, José Ruiz, presidente do “Porriño Baloncesto Base” firmou coa alcaldesa, Eva Garcia, en presenza do concelleiro de Deportes, David Alonso, a renovación do convenio anual polo que o Concello do Porriño outorga unha subvención nominativa ao “PBB” por un importe de 90.000 euros.
A inauguración será este xoves 6, ás 19:00 h., no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. O acto estará presidido por Eva Garcia de la Torre, alcaldesa do Porriño, en compañía de Cami Moreira, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística. Iniciarase coa actuación da pianista Brais González Pérez. Na presentación participarán o fotógrafo Xulio Gil; a escritora, Marga do Val e Pepe Puga, representante da editorial "Engaiolarte". A cerimonia rematará cunha visita á exposición.
A Policía Local do Porriño informa á veciñanza de que esta vindeira fin de semana, haberá cortes de tráfico e restricións para estacionamento de vehículos coa ocasión de celebrarse a "V Challenge Rías Baixas" de ciclismo que discorrerá por Porriño e outras poboacións da contorna.
Este serán remataron os actos coa colocación das pancartas realizadas por mozas e mozos porriñeses, alumnos do IES Ribeira do Louro, en colaboración co persoal de "Vella Escola". As pancartas colocáronse nas fachadas do Concello e do Centro Cultural Municipal, onde permanecerán expostas durante todo o mes.
A Concellería de Normalización Lingüística informa que o vindeiro xoves 6 terá lugar a inauguración da exposición sobre Xela Arias, titulada “A poesía do retrato” que se amosará no vestíbulo do Centro Cultural Municipal.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) xunto coa Concellería de Normalización Lingüística trae o programa “A mocidade coas Letras Galegas 2021”. Este martes 4 de maio, na Praza do Cristo, para celebrar o Día das Letras Galegas 2021 dedicado á poeta Xela Arias, en horario de mañá, cunha duración prevista de catro horas, desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas.
Ao abeiro da programación de abril da Concellería de Cultura, este venres desenvolveuse a celebración do Día Internacional da Danza, na praza Arquitecto Antonio Palacios.