O Entroido do Porriño 2025 xa está oficialmente en marcha, cunha primeira xornada que encheu as rúas de alegría, música e moita participación veciñal. A festa comezou ao mediodía co desfile dos tradicionais xigantes e cabezudos, que percorreron a vila entre as 12:00 e as 14:00 h contaxiando á veciñanza e visitantes co seu ambiente festivo, acompañados polas charangas Vai de Baile e Noroeste.
"Rayos de sol", "Noche de estrellas", "Mi Reina" e unha versión da popular canción "El tiburón" serán algúns dos temas que soarán o vindeiro sábado no Porriño intepretados polo cantante, compositor e produtor dominicano, Henry Méndez. O artista actuará o primeiro dos días do Entroido formando parte dun programa que vén de presentar esta mesma mañá o goberno local e que abrangue cinco xornadas cheas de moita música, desfiles, obradoiros e animación que encherán de moita diversión as rúas da vila.
A exposición itinerante “Castelao grafista” segue a percorrer Galicia neste 2025, no que se celebra o Ano Castelao, e O Porriño é a seguinte parada. Así, dende o 13 de febreiro e ata o 19 de marzo, o Centro Cultural Municipal acolle esta mostra do caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A II Carreira de Empresas Galicia 2024 – XIII Interrunning logrou recadar 15.000€ para tres entidades solidarias. O evento consolidouse como unha mostra do compromiso comunitario coas causas sociais.
Este domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu tradicional broche de ouro ao Nadal co Certame de Rondallas. Miles de rondalleiras e rondalleiros sairán á pista do pavillón municipal de deportes para deleitar ao público nun evento que sempre completa aforo.
Coincidindo co 151 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés o Concello do Porriño presentou o primeiro décimo na súa honra. E é que a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre emitirá unha tirada especial de Lotería Nacional coa imaxe da Casa Consistorial. O décimo, para o sorteo do 30 de xaneiro de 2025, presentouse nun acto no que se sopraron as velas dunha torta e se festexou o aniversario cun brindis. O alcalde, destacou que “hoxe é un día importante e quero agradecer aos que fixeron posible que este décimo leve O Porriño por toda España”.
A Xunta de Galicia acabou os traballos de restauración do templete de San Luis no Porriño, tras un investimento de máis de 260.000 euros para recuperar a obra do arquitecto Antonio Palacios que foi acceso á primeira liña da rede de Metro de Madrid e que se trasladou a este concello no ano 1970. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, durante a visita a este ben coincidiendo co aniversario do nacemento do urbanista en 1874.
Como xa é tradición no Porriño, o último día do ano chega por partida doble, e a celebración comezou este 29 de decembro coa festa do Pre-Fin de Ano Infantil, unha xornada única na que centos de nenos e nenas disfrutaron dunha mañá chea de música, diversión e actividades especiais na Praza do Concello. O evento, organizado polo Concello, marcou o inicio das festas previas á tradicional Noitevella, que, como cada ano, ten lugar un día antes na vila do Louro.