WhatsApp-Image-2025-07-01-at-11.29.22.jpg
O Porriño énchese de ritmo este verán con clases gratuítas de zumba ao aire libre
O Porriño, 2 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño pon en marcha un novo programa de actividades para animar as noites de verán e fomentar o exercicio ao aire libre. Trátase das clases gratuítas de zumba, que se celebrarán durante os meses de xullo e agosto na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
O Concello do Porriño amplía o prazo para solicitar postos de venda ambulante na festa de Porrigalia 2025
O prazo de solicitude está aberto desde hoxe, 1 de xullo, e rematará o 7 de xullo de 2025 ás 14:00 horas
WhatsApp-Image-2025-06-28-at-22.09.22.jpg
O Porriño celebrou o Día do Porriño Orgulloso 2025 por todo o alto e con ampla programación no Paseo do Louro
Gala Drag Queen ás 20:00 horas e concerto de Baiuca ás 23:00, grandes momentos da festa
07a757c7-f18a-4fe9-8815-80d156e43c4c.jpg
O Porriño presenta a primeira edición da Galicia Cup, novo torneo internacional de fútbol base
O Porriño, 26 de xuño de 2025.- Esta tarde tivo lugar na Praza do Concello do Porriño o acto oficial de presentación da Galicia Cup, torneo internacional de fútbol base que se disputará esta fin de semana, do 27 ao 29 de xuño, en O Porriño, Mondariz e Ponteareas.
WhatsApp-Image-2025-06-25-at-18.43.46-3.jpg
O Porriño presenta o 58º Rallye Recalvi Rías Baixas
O Porriño, 25 de xuño de 2025.– A Praza Arquitecto Antonio Palacios acolleu esta tarde a presentación oficial da 58ª edición do Rallye Recalvi Rías Baixas, unha das probas máis emblemáticas do calendario automobilístico estatal e cita clave do Supercampionato de España de Rallyes (S-CER).
WhatsApp-Image-2025-06-25-at-12.31.42.jpg
O Porriño e Ribadeo formalizan o seu irmandamento a través da figura do filántropo Ramón González
O Porriño, 25 de xuño de 2025.– O Concello do Porriño acolleu esta mañá un emotivo acto institucional no que se formalizou o irmandamento entre os concellos do Porriño e Ribadeo, unidos pola figura de Ramón González (1856–1925), filántropo galego cuxo legado marcou profundamente a vida social, cultural e patrimonial de ambas vilas.
WhatsApp-Image-2025-06-24-at-10.32.55-2.jpg
O Porriño presenta o Día do Porriño Orgulloso 2025 e anuncia novas actuacións en materia de saneamento nas parroquias
O Porriño, 24 de xuño de 2025.- O Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación no que presentou a nova edición do Día do Porriño Orgulloso e anunciou novas actuacións en materia de saneamento nas parroquias, cun investimento continuado e comprometido coa mellora da calidade de vida da veciñanza.
PHOTO-2025-06-23-07-36-05.jpg
O Porriño amence cuberto de flores para celebrar o Corpus Christi
O Porriño, 22 de xuño de 2025.- Tras unha noite de intenso traballo e emoción colectiva, O Porriño espertou esta mañá cunha das súas tradicións máis fermosas vestindo as rúas: as alfombras florais do Corpus Christi, auténticas obras de arte efémeras que xa agardan o paso da procesión deste mediodía.
WhatsApp-Image-2025-06-18-at-11.10.16.jpg
O Porriño prepara as alfombras florais para celebrar o Corpus Christi e organiza unha festa de benvida ao verán
O Porriño, 21 de xuño de 2025.- As rúas do Porriño énchense hoxe de cor, traballo comunitario e tradición coa elaboración das alfombras florais que preceden á celebración do Corpus Christi, unha das festas máis emblemáticas e participativas do noso municipio.
WhatsApp-Image-2025-06-18-at-11.10.16.jpg
O Porriño énchese de cor para celebrar o Corpus Christi coas súas tradicionais alfombras florais
Veciñanza e voluntariado preparan unha fin de semana de arte efémera, participación cidadá e orgullo colectivo
WhatsApp-Image-2025-06-15-at-14.14.49.jpg
O Concello do Porriño reafirma a súa aposta polo deporte coa celebración do X Tríatlon
A proba contou con 166 participantes e percorreu as vilas de Tui e O Porriño a través de natación, ciclismo e carreira a pé
WhatsApp-Image-2025-06-14-at-23.06.04.jpg
O Porriño rende homenaxe ao talento local na gala dos II Premios Antonio Palacios
O Festival de Cans, a Imprenta Paz e Gráficas Bolfer, o Círculo Recreativo Cultural CRC,  Claudio Giráldez e Lola Magno son os premiados desta edición