PHOTO-2020-05-19-12-29-15.jpg
Acordo entre goberno municipal e sindicatos para a reincorporación por departamentos dos funcionarios e persoal do Concello
Goberno municipal e os representantes sindicais da plantilla de traballadores do Concello do Porriño subscribiron hoxe un acordo para a progresiva reincorporación de funcionarios e demais persoal a partir do vindeiro luns 25 de maio. A negociación rematou hoxe coa firmado do acordo que subscribiu Lourdes Moure, concelleira de Persoal, no nome do goberno municipal, e os delegados da xunta de persoal do Concello. O documento establece o proceso de reincorporación por etapas que xa está a realizarse dende esta semana e que a partires do vindeiro luns 25 suporá a reincorporación da meirande parte da plantilla. Estarán exceptuados o persoal pertencente aos colectivos vulnerables e aqueles suxeitos a a algún dos supostos de conciliación. Tamén a partires do vindeiro día 25, restablecerase a atención persoal en cada un dos departamentos e negociados sempre con cita previa e cando non sexa posible resolver por teléfono ou vía telemática. Para solicitar atención personalizada perante cita previa, compre que se teñan en conta os seguintes teléfonos:-para Servizos Sociais, pedir cita no número 986 334621-para a Unidade de Atención a Drogo dependentes (UAD), no 986 330861 -para a Policía Local, no 620 40 40 40-para todos o demais servizos, a través de centraliña no número 986 33 5000O acordo firmado hoxe tamén determina que a unidade de Persoal do Concello facilitará aos traballadores o material de protección (máscaras, luvas e mamparas) que sexan necesarios e que ademais a disposición de mesas e cadeiras de traballo estarán redistribuídas para gardar a distancia de seguridade (2 metros) entre cada posto de traballo. A tal fin, o Concello aplica as recomendacións da auditoría realizada pola firma "Cualtys" que supervisa o cumprimento das medidas de seguridade e hixiene no traballo.
Q55A5088.jpg
O Concello traslada a través de UNICEF, as actuacións que están a realizarse para unha mellor atención á infancia neste estado de alarma
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e da Oficina Municipal de Información á Xuventude, participa dende o pasado martes e ata o vindeiro 2 de xuño, nun ciclo de seminarios “on line”, promovidos a nivel nacional por UNICEF. O obxectivo é mellorar a atención á infancia e á mocidade no contexto actual de crise pola pandemia do “Covid-19”.Os gobernos locais expoñan as súas respectivas experiencias explicando como están a actuar para mitigar os efectos da crise económica nos sectores máis desfavorecidos.
B46B3675.jpg
Máis de 800 porriñeses recibiron axuda alimentaria do Concello debido ao estado de alarma
O departamento de Servizos Sociais do Concello do Porriño realizou un resumo das axudas alimentarias se están a prestar, tanto para a adquisición de productos frescos e de primeira necesidade coma da entrega de lotes de conservas e outros productos non perecedoiros a través de “SOS Porriño”.
CONSUMO-PUBLICACION-Facebook.jpg
O goberno municipal escoitará as demandas de axuda de diversos sectores para reiniciar a economía local
O goberno municipal convocou hoxe, a partir das 17 horas, a representantes de diversos sectores da economía local para escoitar as súas necesidades de axuda para a reactivación. Están convocados representantes da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR); da Asociación de Hostalaría; praceiras do Mercado de Abastos, taxistas e autónomos. Despois, a partir das 19 horas, está convocada unha xunta de voceiros do grupos municipais para determinar os asuntos que se tratarán nun vindeiro pleno da Corporación. Entre eles, as modificacións orzamentarias de diversas partidas que non se empregarán e serán redirixidas para axudas sociais e para reiniciar a economía local.
B46B0809.jpg
A Alcaldesa celebra o consenso e colaboración amosadas por todos os grupos para afrontar a crise
O goberno municipal de O Porriño poñerá en común cos grupos políticos do consistorio unha proposta de orde do día para un vindeiro pleno da corporación, a fin de acordar as liñas de actuación que o Concello vai despregar na desescalada para axudar aos sectores máis sensibles da economía local. Este acordo adoptouse hoxe na reunión de Comité Municipal de Seguimento do "Covid-19" que presidiu a alcaldesa e no que participaron todos os membros do goberno municipal coligado PSOE/BNG e os voceiros dos grupos políticos PP, EUSON e UDDL. Eva García de la Torre manifestou ao remate da reunión "síntome honrada de presidir esta corporación e comprobar que todos os grupos políticos deron hoxe a medida da súa responsabilidade e capacidade que se agarda de nós nunha situación desta gravidade". "Con independencia das críticas que son obxectivas, o ton común foi construtivo e de apoiar todas as medidas que sexamos quen de aprobar todas as medidas que adoptemos para apoiar aos sectores máis golpeados por esta crise, conscientes de que temos que evitar que logo veña unha pandemia económica que prexudique o que tiñamos acadado polo crecemento do municipio".A proposta que elaborará o goberno porriñés será levada a comisión informativa municipal para conseguirse con todos os grupos e definir a orde do día dun vindeiro pleno da Corporación "no que acordaríamos medidas para afrontar a desescalada", engadiu García de la Torre. A alcaldesa apela á importancia de "crear un fondo económico mediante modificacións orzamentarias para facer fronte as axudas que deberemos prestar aos sectores máis endebles", rematou Eva García.
PHOTO-2020-04-23-08-22-18.jpg
O concelleiro de Servizos Sociais chama a contribuir coa campaña "Vecino Solidario" na que participa O Porriño
David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais chama á poboación a contribuír coa campaña "Veciño Solidario" na que participa O Porriño xunto con outros corenta concellos galegos.
Concello.jpg
Convocado Comité de Seguimento do "Covid-19" para o luns 27: abordará modificacións orzamentarias para apoiar a economía local
Hoxe cursouse a convocatoria do Comité Municipal de Seguimento do “Covid-19” que vai celebrar reunión presencial o vindeiro luns 27, ás 12,30 horas, no salón de plenos do Concello do Porriño.A orde do dia establece 3 asuntos. Primeiramente o goberno municipal dará conta das medidas que está a levar a cabo nos diversos eidos para combater a pandemia e para apoiar a economía local. En segundo lugar, a Comisión tratará das propostas que os grupos políticos da Corporación fagan para implementar polo Concello do Porriño. O derradeiro punto serán rogos e preguntas. Nesta reunión, a alcaldesa levará a proposta de a proposta de acordar unha modificación orzamentaria. Segundo anunciou o pasado mércores Eva García, consiste “en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter as axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez na economía local, pequeno comercio e hostalaría especialmente, para axudarlles a remontar a crise”, segundo manifestou. Os acordos aos que se chegue serán trasladados a un pleno da corporación municipal. A alcaldesa poñerá en común cos voceiros dos grupos políticos a data e o xeito de celebrar esa vindeira sesión plenaria.Este Comité, presidido por Eva García de la Torre está formado por Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde; Lourdes Moure, segunda tenente de alcalde concelleira de Seguridade e Persoal; Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Medio Ambiente e Tráfico; Cami Moreira, concelleira de Igualdade e Xuventude; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Jesús Gónzalez Pexegueiro “Carrola”, responsable de la agrupación de Protección Civil. Tamén forman parte os voceiros dos grupos municipais da Corporación, un representante dos traballadores do Concello e un representante do persoal sanitario do Centro de Saúde.
Q55A0429.jpg
Dez voluntarios envasan a seguinte remesa de máscaras de protección que repartirá o Concello esta tarde e nos vindeiros días
Hoxe dez voluntarios comezaron a envasar a seguinte remesa de máscaras de protección que o Concello do Porriño vai distribuír entre a poboación, casa por casa e tamén nos establecementos que poden estar abertos. En total é unha partida de 13.000 máscaras. O traballo realizase no salón de plenos do Concello e continuará durante os vindeiros días. O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso que participou nestas tarefas quixo destacar a colaboración dos alumnos do curso de "Cross-fit" do ximnasio local "Jovhe Sport". Esta mesma tarde reanudarase o reparto porta a porta con dous grupos. Un deles distribuirá polo centro urbano e o outro pola parroquia de Torneiros. Nos vindeiros días continuara o envasado e reparto de máscaras polo Concello.Estas máscaras de protección son de tela, lavables a 90 graos e reutilizables. Están confeccionadas por mulleres de O Porriño grazas ás doazóns de tecido que recibiron. Antes do seu envasado, foron esterilizadas. No envase aparece unha pegatina co logo do Concello do Porriño e instrucións para o seu uso e conservación. E lembrase a importancia de seguir mantendo a distancia de seguridade entre persoas (metro e medio a dous metros) e de lavarse asiduamente as mans.
PHOTO-2020-03-15-19-58-39.jpg
O Concello acordará unha modificación orzamentaria para destinar fondos á axuda social e tamén para apoiar ó pequeno comercio e á hostalaría
Eva García, alcaldesa de O Porriño poñerá en común cos voceiros dos restantes grupos políticos da corporación, a proposta de acordar unha modificación orzamentaria para destinar fondos e partidas que non van a empregarse en axuda social aos máis desfavorecidos e apoio aos sectores económicos máis sensibles do municipio.A proposta do goberno municipal consiste en destinar achegas e partidas orzamentarias que non se empregarán, por exemplo, en eventos deportivos ou festivos, para manter axudas por emerxencia social nos colectivos máis castigados polo confinamento, e tamén, empregar eses cartos en inxectar liquidez no tecido do pequeno comercio e hostalaría para axudarlles a remontar a crise. A alcaldesa trasladará esta proposta aos grupos políticos na vindeira reunión da Comisión Municipal Especial de Seguimento do Covid-19 que volverá a reunirse o vindeiro luns 27. Nesa reunión, o goberno municipal tamén informará aos voceiros dos restantes grupos da corporación, das medidas despregadas ata de agora polo Concello en materia de limpeza, desinfección, achegas de axudas alimentarias e económicas á poboación en risco de exclusión e outras accións en diferentes eidos. Asimesmo nesa reunión, goberno e grupos comezarán a estudar como pode ser a desescalada a nivel local segundo as pautas que marquen tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia. Finalmente, na reunión de Comisión de Seguimento do Covid-19, alcaldesa e grupos acordarán a data e o xeito de celebración dun pleno da corporación municipal. Decidirase se é presencial coas medidas de hixiene e aloxamento precisas ou ben telemática. O Concello do Porriño dispón do programa “Séneca” (o mesmo que ten o Parlamento de Galicia, por exemplo) que permite a celebración de sesións telemáticas. E por outra banda, a Deputación Provincial implementou o sistema “Xestiona” para que os concellos pontevedreses poidan celebrar reunións “on line” dos seus órganos de goberno.
Q55A0345.jpg
Doazón de produtos de "Coren" ao Concello para o Banco de Alimentos "SOS Porriño"
Esta mañá, a factoría do grupo "Coren" no Porriño fixo entrega dunha nova doazón de produtos ao Concello para o Banco de Alimentos "SOS Porriño". Esta achega, como outras procedentes de empresas da contorna, adquiren unha importancia moi grande debido ao incremento de demandantes de axuda alimentaria na vila, a consecuencia de prolongarse o estado de alarma. David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais, persoal de Protección Civil e voluntarios do Banco de Alimentos recolleron os lotes que un camión de "Coren" trasladou ata o almacén de "SOS Porriño".
B46B8434_Moment-1.jpg
O Concello xa destinou 70.000 € en axuda alimentaria por emerxencia social
O Concello de O Porriño tivo que ampliar a partida, inicialmente de 20.000 euros ata os 70.000 €, para atender ás familias máis desfavorecidas e persoas con dificultades económicas para que puideran abastecerse de alimentos frescos e produtos básicos de primeira necesidade dende que comezou o estado de alarma.As sucesivas prórrogas obrigaron a incrementar a partida económica, mediante crédito extraordinario. Ademais a previsión inicial de persoas a atender multiplicouse pola prolongada paralización económica que afecta gravemente a máis de 200 familias do concello, que precisan desta axuda de emerxencia.David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Emprego non descartou que “teñamos que afrontar unha nova ampliación da partida para esta emerxencia social en caso de novas prórrogas do estado de alarma. É unha circunstancia que valoraremos”, engadiu David Alonso. Para atender esta emerxencia, o Concello do Porriño establecera un contrato con “Supermercados Froiz” para que as persoas e familias máis desfavorecidas puideran aprovisionarse deses produtos frescos e de primeira necesidade nos establecementos desa firma na rúa Ramón Gónzalez e tamén en Torneiros. Coa achega municipal, as compras das familias máis desfavorecidas, que previamente valoraron os técnicos de Servizos Sociais, vanse descontando. A cada beneficiario da axuda, atribúeselle unha contía semanal que é o importe das compras que poden realizar no super. Esta acción extra do Concello de O Porriño complementa á axuda periódica que distribúe o Banco de Alimentos “SOS Porriño” que tamén dobrou o número de demandantes a ta chegar a 300 familias.
Dia-Europeo-da-Infomacion-Xuvenil.jpg
A OMIX colabora coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil
O Concello do Porriño, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información á Xuventude), está a colaborar coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil. A OMIX está a colaborar na difusión da actividade proposta pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. “Aínda que nestes momentos estamos confinados polo andazo do ‘Covid-19’ que isto non nos desanime e poidamos facer unha programación física para celebrar de xeito virtual esta data”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Xuventude.Deste xeito a OMIX apoia a campaña “Un minuto de información xuvenil” que propón que cada mozo e moza do Porriño grave e envíe un vídeo de 60 segundos no que resuma o que significa para ti a información xuvenil e o que se está a facer nese eido durante esta situación de confinamento.Os vídeos poderanse enviar ao enderezo electrónico: información.xuventude@xunta.gal e serán colgados na conta de Instagram da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta @xuventudegalicia , a partir do venres 17.