Concello-Porrino-iluminado-en-morado-por-25N-con-texto-manifiesto.jpg
Toda a corporación municipal do Porriño, de forma conxunta, participou na elaboración deste manifesto do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia machista
Hoxe 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia machista, toda a corporación municipal do Porriño, mediante este manifesto en conxunto, "comprometémonos a impulsar políticas, programas, proxectos que garanten o libre exercicio da autonomía das mulleres, desde que somos nenas, cunha  educación que empodere e remate coa cultura do medo, para que cada muller do mundo poida desenvolver de forma libre, autónoma  e sen violencia o seu proxecto vital".
IMG_4601.jpg
O Concello adxudicou o segundo lote de axudas pola Covid a autónomos e micro empresas do Porriño
Un segundo lote de axudas económicas directas por un importe de 24.990 euros adxudicáronse hoxe polo Concello a autónomos, pequenas e medianas empresas e micro empresas do Porriño que solicitaron acollerse á convocatoria realizada pola administración municipal.
Concello-Porrino-iluminado-en-violeta-por-25N.jpg
#25N: O Concello alumeado en cor violeta
Os actos da programación do 25N Día Internacional contra a violencia de xénero remataron hoxe coa iluminación en cor violeta do edificio do Concello.
logo-GDR-Eur-Rural.png
O Porriño e demais concellos do GDR "Eu Rural" súmanse á loita contra a violencia de xénero
O Porriño e os doce restantes concellos que forman o Grupo de Desenvolvemento Rural "Eu Rural" publicaremos mañá 25N, nas redes sociais de cada municipio, un vídeo documental titulado ‘Deixar o pasado atrás’, que recolle os testemuños de superación das participantes nun obradoiro celebrado en Tomiño o pasado ano.
Concello-Porrino-iluminado-en-violeta-por-25N.jpg
25N: actos organizados pola Concellería de Igualdade no Día Internacional contra a violencia machista
A exposición de fotografías “Todas as mulleres en todas as partes do mundo” na rúa peonil, un manifesto da corporación municipal e o alumeado en cor violeta da casa consistorial, serán os actos principais no Porriño coa ocasión do 25 N, Día Internacional contra a violencia machista.
a0e60329-913d-41b2-a32f-067e9811522f.jpg
O Banco de Alimentos "SOS Porriño" entrega a domicilio para evitar aglomeracións
O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso con voluntarios e persoal de Protección Civil iniciou esta mañá a distribución de caixas de alimentos entre as familias en emerxencia social do concello que reciben axuda a través de "SOS Porriño".Na actualidade 430 familias, practicamente 1.300 persoas, precisan da axuda mensual prestada polo Concello a través de "SOS Porriño".A gran novidade é que a partir deste mes lévase a cabo na casa para evitar as aglomeracións que se produciron diante da sede do Banco de Alimentos.Ao longo de hoxe os 50 primeiros lotes repartiranse entre familias de Torneiros, Chenlo, Atios, Mosende, Budiño e na zona urbana de Porriño.
Concello-de-Porrino-panoramica-gran-angular.jpg
O Concello celebrará esta tarde tres comisións municipais telemáticas
O Concello do Porriño celebrará esta tarde tres comisións municipais informativas como preparación para o próximo pleno ordinario corporativo que terá lugar o mércores 28.As tres comisións que se desenvolverán a partir das 19:00 horas serán telemáticas, a través da sede electrónica.A primeira comisión será a de Economía e Facenda, que abordará a modificación do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles) e do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras).Seguiralle a comisión de Urbanismo e Medio Ambiente que informará sobre a aprobación definitiva da nova ordenanza que regula as terrazas, entre outros asuntos. Tamén tratará da actualización da ordenanza medioambiental reguladora de ruidos.A última comisión da tarde será a de Servizos Sociais e Igualdade, que tratará a proposta dun manifesto e concentración institucional que se celebrará o 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
IMG_3601.jpg
Concello e COGAMI debaten sobre a creación dunha comisión municipal de accesibilidade
Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade valoraron a creación dunha Comisión Municipal de Accesibilidade.  Sería un órgano participado polos grupos políticos da corporación e COGAMI.  Foi un dos asuntos tratados, na reunión celebrada hoxe no Concello, presidida pola alcaldesa Eva García, coa asistencia do concelleiro de Asuntos Sociais, David Alonso, así como de Anxo Queiruga, presidente de COGAMI que asistiu acompañado de Celso Álvarez e Isra Mercader.
IMG_2619.jpg
3.000 máscaras enviadas polo Goberno Central distribúense polo Concello entre os colectivos máis vulnerables
Unha achega de 3.000 unidades de máscaras de protección enviadas polo Goberno de España segundo o acordo acadado coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), chegaron hoxe ao Concello do Porriño.
IMG_2204-800x205.jpg
Obradoiro de "coaching ontolóxico: biodanza" para mulleres en situación de especial vulnerabilidade
O obradoiro “Coaching ontolóxico. Biodanza” que promove a Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, estáse a desenvolver ao longo deste mes de setembro, dirixido a mulleres da vila en situación de especial vulnerabilidade co fin de contribuir na mellora da súa autoestima e crecemento persoal.
David-Alonso-en-cabina-anti-covid.jpg
Ponse a proba no Multiusos de Torneiros unha cabina anti-covid desarrollada por unha empresa do Porriño
Esta semana, na porta de acceso principal ao Multiusos de Torneiros, está a proba unha cabina anti-Covid desarrollada por “Ramecq”, unha empresa do Porriño.