O Porriño e outros nove concellos da contorna acordaron manter pechadas as súas psicinas este verán para garantir a seguridade da cidadanía ante a pandemia do "Covid-19.A decisión adoptada onte foi notificada mediante un comunicado conxunto polos concellos de O Porriño, Arbo, As Neves, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Tui.No comunicado, os concellos detallan que adoptaron esta medida tras realizar unha "análise exhaustiva" da situación tras a recepción dos protocolos correspondentes elaborados polo Ministerio de Sanidade. Sinalaron que a normativa esixe unhas condicións que resulta complicado que poidan cumprir os municipios, como continuos labores de limpeza e desinfección, o mantemento da distancia de seguridade entre os usuarios das piscinas e a limitación da súa capacidade, así como do tempo de acceso ás mesmas.Tanto O Porriño coma os demais concellos apuntan que se establece a necesidade de realizar continuas achegas de auga ás piscinas, controlar a súa cloración e utilizar desinfectantes de modo constante, o que prexudicaría "notablemente" o medioambiente. Ademais, sinalaron que, durante o peche, acometeranse distintas melloras nas instalacións para permitir a súa reapertura cando a situación posibilite que se realice con todas as garantías necesarias.
O vindeiro martes 9, o Concello abrirá a primeira Sala de Estudo Municipal, nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno,. nº 13. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira.
O Concello do Porriño ten actualmente en curso a licitación de máis dunha ducia de contratos que suporán un importe de preto de 3.800.000 euros que axudarán a dinamizar a economía local.
O pleno extraordinario da Corporación Municipal que se ía celebrar este mediodía para realizar o sorteo de membros das mesas electorais, desconvocouse. O alcalde accidental, Pedro Pereira comunicoulle a decisión aos voceiros dos grupos municipais. O motivo foi un erro na interpretación do calendario fixado pola Xunta Electoral para os comicios galegos do 12 de xullo. Ese pleno municipal para realizar o sorteo das mesas electorais, volverá a convocarse en vindeiras datas, a partir do día 15 de xuño.
O Concello do Porriño ven de convocar para mañá venres, ás 13 horas, pleno extraordinario da Corporación Municipal para realizar o sorteo dos veciños que serán membros das mesas electorais para os comicios galegos do vindeiro 12 de xullo.
O Concello do Porriño ven de sacar a licitación pública a humanización da rúa Aloques, cun orzamento de 422.636 €, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2020.
O ORAL, o órgano desconcentrado da Deputación de Pontevedra encargado de colaborar cos concellos (entre eles O Porriño) na xestión, inspección e recadación dos tributos locais, informa que está aberto o prazo para solicitar o que chama “plan personalizado de pagos COVID-19”. O citado prazo permitirá pagar os recibos de IBI, IAE e IVTM (vehículos ou circulación) xuntos ou individualmente ata en 6 meses, tendo en conta as especiais circunstancias que concorren este ano a causa da antedita pandemia. O prazo para solicitudes rematará o 15 de xuño. Pódese presentar a solicitude a través da Oficina Virtual Tributaria do propio ORAL ou en ben en calquera das oficinas presenciais deste órgano con cita previa chamando ao número 886211400. Lembramos que no Porriño, a oficina presencial do ORAL atópase na rúa Pinar, 5 baixo, cun horario de luns a venres, de 9 a 14 horas.
O Concello do Porriño anuncia que as persoas interesadas en adquirir algún dos 26 vehículos do parque móbil municipal que se retiraron no outono pasado, poderán concertar cita previa para comprobar o estado dos mesmos. Os vehículos atópanse no Multiusos de Torneiros, onde poderán ser vistos polos interesados.
Axentes da Policía Local do Porriño coa valiosa colaboración de dous cidadás, precederon á detención dun individuo de 24 anos, como presunto autor dun delito de roubo no interior dun vehículo. Os feitos aconteceron na madrugada do sábado 30. A Policía Local recibiu ás 5,35 horas, unha chamada alertando dun posible roubo no interior dun coche aparcado nunha céntrica rúa. Cando chegou a patrulla comprobou que había un vehículo cunha fiestra rachada e que dous cidadás tiñan retido a un individuo despois de observar o ilícito penal. A identidade do individuo responde ás iniciais M.F.R. Instruíronse dilixencias remitidas xunto co detido ao xulgado de garda do Porriño.A Policía Local do Porriño quere subliñar a colaboración cidadá no esclarecemento deste caso, un presunto delito que pode aparellar unha pena de 1 a 3 anos de cadea.
A primeira sesión plenaria telemática celebrada pola Corporación Municipal do Porriño acordou unha modificación orzamentaria que habilitará dispoñer de 100.00 euros que se destinarán a apoiar o reinicio da economía local. A proposta do equipo de goberno contou cos votos favorables dos concelleiros do PSOE, BNG, EU SON e UDDL. O PP optou pola abstención.
Ata o vindeiro luns 1 de xuño estará exposto o censo electoral para consulta e reclamacións se procede coa ocasión dos vindeiros comicios autonómicos convocados para o domingo 12 de xullo.
As bandeiras da casa consistorial do Concello do Porriño ondean a media hasta como sinal de loito oficial que decretouse en todo o país polo Goberno Central en homenaxe ás vítimas da pandemia. Este loito oficial durará dez días segundo decretou o presidente do Goberno. Por outra banda, a alcaldesa do Porriño, Eva Garcia convocou hoxe mércores, ás 12 horas, una concentración silenciosa diante da casa consistorial, na que estarán os membros do goberno municipal e os voceiros dos grupos políticos da corporación así como cantos veciños e veciñas do Porriño queiran sumarse a amosar a súa condolencia coas vítimas e os seus familiares.