A primeira sesión plenaria telemática celebrada pola Corporación Municipal do Porriño acordou unha modificación orzamentaria que habilitará dispoñer de 100.00 euros que se destinarán a apoiar o reinicio da economía local. A proposta do equipo de goberno contou cos votos favorables dos concelleiros do PSOE, BNG, EU SON e UDDL. O PP optou pola abstención.
Esta achega de 100.000 € “son para axudas ao comercio de proximidade, aos autónomos e para a hostalaría porriñesa para que teñan un pulo que lles permita reiniciar as súas actividades”, manifestou Eva Garcia de la Torre.A alcaldesa non descartou que poidan acordarse novas modificacións orzamentarias en función das necesidades. “Imos ter que atender moitos frontes”, engadiu.
Eva Garcia lembrou que dende o principio do estado de alarma, o Concello está a destinar unha partida económica moi importante para emerxencia social en axudas alimentarias para as familias máis necesitadas. En datos ata o 30 de abril, 336 familias que agrupan a 847 porriñeses (536 adultos e 311 menores) recibiron axuda directa do Concello dende o 14 de marzo para a adquisición de produtos alimentarios frescos e de primeira necesidade. E que actualmente 758 persoas reciben semanalmente lotes de produtos non perecedoiros aportados polo Banco de Alimentos “SOS Porriño”.Outros acordosA sesión plenaria “on line”, a primeira que se celebra na historia do Concello do Porriño, durou preto de 4 horas e abordou unha orde do día con 18 asuntos. Entre os acordos máis salientables, resumimos os seguintes:- Adxudicouse definitivamente o servizo de limpeza viaria á firma “Urbaser”. O control de calidade do servizo será supervisado por un técnico municipal, segundo comprometeu o goberno - Acordouse por maioría, a aprobación inicial da nova Ordenanza de instalación de terrazas e veladores nos espazos públicos. Haberá un límite máximo de ocupación de 40 metros cadrados e non se permitirá a instalación de mesas e cadeiras nos soportais para garantir o uso peonil das vías públicas, segundo avanzou o tenente de alcalde Pedro Pereira. Á vista das actuais dificultades para o sector, a entrada en vigor da nova ordenanza adiarase ata outono, en función da evolución das crises sanitaria e económica. - Aprobouse por unanimidade a Ordenanza do uso do galego no Concello do Porriño- Quedou sobre a mesa a proposta de novo convenio coa S.A. de Xestión do Xacobeo para a xestión do Albergue de Peregrinos do Porriño.MociónsNo tramo final do pleno, trataronse diversas mocións. O Partido Popular retirou dúas relativas á modificación dos puntos 25, 26 y 27 das bases de execución do Orzamento Municipal. Como xa estaban contempladas nun voto particular que o PP presentara no debate sobre a modificación orzamentaria, Alejandro Lorenzo, voceiro do grupo optou por retirar as mocións reservándose o dereito de solicitar proximamente un pleno municipal extraordinario.Aprobouse por maioría a moción do grupo EU SON que defendeu o seu voceiro Pedro Ocampo solicitando medidas económicas e sociais fronte ao Covid-19. E tamén por maioría da corporación aprobou a moción do BNG que solicita a derogación da chamada “Lei Montoro” sobre teito de gasto nas administracións municipais.
A sesión plenaria pódese mirar nesta mesma páxina web no apartado "mediateca de plenos".