Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
Nove comunidades de augas acadaron subvencións do Concello por un importe global de máis de 52.000 €
Nove comunidades de augas de consumo acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.As nove comunidades de augas beneficiadas son: Cerquido; Rozadas-Eirís; Atios; Torneiros; San Jorge-Mosende; Chenlo; Carracido; Budiño-Cruz e Cans. Esta semana reuniuse e coñeceuse a resolución da comisión de avaliación que presidiu o concelleiro de Infraestructuras, Pedro Pereira asistido por tres técnicos municipais. A comisión determinou os importes das subvencións que totalizan 52.162 €. As achegas maiores serán para Cerquido, San Jorge-Mosende, Chenlo e Cans que recibirán a o importe máximo que estaba limitado nas bases da convocatoria a 8.000 euros. As restantes recibirán: Atios, 7.647 €; Rozadas-Eiris, 5.914 €; Torneiros, 2.800 €; Carracido, 2.542 €; e Budiño-Cruz, 1.258 €.Pedro Pereira, concelleiro responsable deste departamento anunciou que “o Concello do Porriño mvai manter nos vindeiros anos esta liña de subvencións municipais en colaboración coas comunidades de augas”.
088e7bb8-c39f-4c9a-ad49-fa02df2d0a69.jpg
A Policía Local formulou 100 denuncias en catro horas, por non facer uso das máscaras de protección
Un total de 100 denuncias por non facer uso das máscaras de protección formularon axentes da Policía Local do Porriño mediante un operativo de catro horas despregado onte á tarde, en todas as entradas e saídas por estrada do termo municipal.
IMG_9824.jpg
Pleno ordinario de xullo da corporación local
Este mércores 29, ás 18 horas, comezará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.
Banco-de-Alimentos-SOS-Porriño-campaña-julio-2020.jpg
Elévanse os casos de emerxencia social: o Concello repartiu esta semana alimentos entre 500 familias necesitadas
Esta semana rematou o reparto do mes de xullo do Banco de Alimentos "SÓS Porriño". David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais explicou que como consecuencia da crise económica que propiciou a pandemia sanitaria, "actualmente temos que atender e repartir alimentos entre máis xente. Pasamos de 175 familias a primeiros de ano, a 300 e agora mesmo xa son 500 familias do Porriño, as demandantes desta axuda".
Concello-de-Porriño-panorámica-de-la-plaza-.jpg
A Alcaldesa falou coa familia afectada polo brote e ponse a súa disposición polo que poidan necesitar
Eva García de la Torre falou coa familia do Porriño afectada polo brote de coronavirus e trasladoulle o apoio do Concello. A alcaldesa púxose á disposición da familia polo que puidera necesitar e na medida que a administración municipal fora quen de colaborar.
Centro-de-Saúde.jpg
Sanidade confirma ao Concello a existencia dun brote de Covid-19 con 6 positivos
A Consellería de Sanidade informou esta mañá ao Concello do Porriño da existencia dun brote de Covid-19 con media ducía de positivos. Dende a Consellería comunicaron telefónicamente coa alcaldesa Eva García á que informaron que o brote está localizado no centro da vila.
B46B0154.jpg
O Concello resolverá mediante concertación directa a venda dunha parcela no PPI 6 en Budiño por 338.000 €
A Comisión Municipal de Urbanismo tratará este mércores da resolución, mediante concertación directa, da venda dunha parcela de chan industrial urbanizable no PPI 6 de Budiño, valorada en 338.000 €.  O térreno, de uso industrial, ten 5.110 metros cadrados
Banco-de-Alimentos-SOS-Porriño-reparto-julio-2020.jpg
Novo reparto do Banco de Alimentos "SOS Porriño" entre as familias máis necesitadas
Membros da agrupación de Protección Civil do Porriño e voluntarios que colaboran co Banco de Alimentos iniciaron hoxe un novo reparto de produtos.
Rotonda-As-Gandaras.png
O mércores realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda sur das Gándaras
O Concello do Porriño informa que este mércores día 22 realizarase a obra de mellora da pavimentación da rotonda das Gándaras que afectará ao tráfico rodado do acceso sur aos polígonos industriais de As Gándaras e A Granxa. A empresa “ENDENOR, Construcción, Mantenimiento y Servicios”, adxudicataria da contrata, informou ao Concello que a duración dos traballos será dun día, de xeito que o xoves 23, recuperarase á normalidade, se non xurde algún imprevisto. Os traballos a realizar son o levantado e novo asfaltado da rotonda sur das Gándaras sita a continuación da saída 21 da Autovía A-55 en dirección Tui, polo que cumpre cortar o tráfico rodado. Mentres duren as obras, a circulación de vehículos cara ao sur do Polígono das Gándaras, se realizará pola saída anterior, número 18. Tamén o acceso dende a rotonda sur do polígono de A Granxa, queda cortado namentres se realizan estes traballos, desviándose a circulación entre o sur dos polígonos á altura da saída 18 da A-55, dirección Tui. O Concello do Porriño agradece a colaboración dos condutores e usuarios.
Piscina-Municipal-Porriño-rean.jpg
O Concello lembra que a Piscina Municipal,está aberta dende hai unha semana e funciona segundo os protocolos anti-Covid
A Concellería de Deportes do Concello do Porriño lembra que dende hai unha semana está aberta a Piscina Municipal baixo unas estritas pautas de prevención do Covid-19. O emprego da máscara é obrigatorio en todo momento, agás dentro da piscina. A solicitude de cita previa é un requisito imprescindible. Debe solicitarse cun máximo de 48 horas de antelación, ben por teléfono a través do número 986 34 44 20 ou por correo electrónico no enderezo: piscinaporrino.eulen@gmail.comO tempo de nado é de unha hora e non poderá haber máis de dúas persoas por cada rúa na piscina grande. No vaso pequeno, o aforo máximo será de 8 persoas. O horario de apertura da Piscina Municipal do Porriño será: de luns a venres, de 7 da mañá a 14 horas; e de 16 h. a 23 horas. Os sábados, de a 14 h. e de 17 a 20,30 h. E domingos, tan só en quenda matinal, de 10 a 14 horas. Os responsables da instalación municipal advirten que non se permitirá o acceso a persoas con síntomas compatibles co “Covid-19”: tose, febre ou dificultade para respirar.
Canteras-de-Granito-Rosa-Porriño.jpg
A Xunta de Voceiros estudará se é posible algunha compensación ás canteiras polo estado de alarma
A Xunta de Voceiros Municipais convocada para o vindeiro venres 17, ás 12 horas, tratará a petición dunha posible devolución de parte do canon que canteiras radicadas no Porriño aboan anualmente ao Concello. A petición basease na paralización forzosa –entre as canteiras que aínda están activas- durante os tres meses que durou o estado de alarma polo “Covid-19”. O primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira como concelleiro responsable do Patrimonio Municipal, levará a proposta á consideración dos voceiros dos restantes grupos da corporación para determinar se procede algunha compensación. Ata este intre, catro canteiras solicitaron formalmente ao Concello a devolución de parte do canon anual que pagan.
PHOTO-2020-07-10-10-59-33.jpg
15.680 PORRIÑESES ESTÁN CHAMADOS A VOTAR NAS ELECCIÓNS GALEGAS DO VINDEIRO DOMINGO 12-X. - Polos protocolos anti-Covid19, modificáronse espazos de votación en varios colexios electorais
O Concello do Porriño, colaborando co a Xunta Electoral de Zona, está rematar hoxe a preparación do dispositivos das 23 mesas distribuídas en 14 colexios electorais onde poderán exercer o seu voto 15.680 porriñeses e porriñesas con dereito a votos nestes comicios autonómicos do vindeiro domingo 12.