A partir de mañá venres 4 de setembro, os interesados en participar na convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade, tres prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello, poderán comezar a presentar as súas solicitudes. Hoxe, xoves 3, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 179) o correspondente anuncio oficial do Concello do Porriño. Previamente, con data 20 de xullo, publicaronse no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), ás bases reguladoras do proceso selectivo, polo sistema de oposición libre.O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde a data seguinte á da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, polo tanto, a contar desde mañá venres 4 de setembro.
Os concelleiros de Emprego, David Alonso, e de Comercio, Sergio Casal asistiron esta tarde á sesión final do curso de Cociña Creativa con Productos Locais, impartido polo chef galego, Iván Méndez. Esta actividade formativa está integrada nos itinerarios “Coas mans na masa” que propón a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural que retomou a súa programación despois destes meses de forzosa paralización polo estado de alarma. O curso impartido no Multiusos de Torneiros para 15 persoas ligadas laboralmente ao mundo da hostalaría, rematou hoxe. O chef Iván Méndez amosou tres elaboracións moi suxerentes: pementos de Padrón recheos de fluído de queixo San Simón; cornete de bacallau con aire de tetilla, e cola de gambón, en crocante de kataifi e froito da paxión.
O XVII Festival de Cans adicará os actos programados para esta tarde aos veciños da parroquia, coa presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García e os concelleiros, David Alonso e Sergio Casal, ambos nativos de Cans.Coa descuberta do traxe do Can -20 horas, na rotonda-, comezará o primeiro serán do Festival. Precederá á colocación da distinción, no Muro dos Chimpíns, coa que o Festival de Cans homeaxea este ano á veciña e enfermeira Merchi Sánchez -20.30 horas-. Con esta distinción, ponse en valor o traballo de Sánchez, quen ideou a creación, hai xa 8 anos, do servizo médico do Festival, Traballa coma voluntaria nun equipo que ela organiza e coordena cada ano sen aforrar esforzos nin compromiso.A homeaxe dará paso a unha das actividades desta edición do certame máis esperadas na aldea: a Noite dos Veciños coa presentación do documental A Canteira de Cans. Será no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río a partir das 21 horas. Coordinado polo artista porriñés, Juanma Lodo, do proxecto Cans 303, o documental recupera a memoria da canteira de Cans, un lugar esquecido do que non queda máis que un buraco no monte na zona coñecida como “A Pedreira”. Nel participan veciños e veciñas que contan o que recordan, o que saben, ou o que viviron, da antiga instalación.
A programación cultural do mes de setembro no Concello do Porriño arrinca coa exposición “Fuera de Escena” e a celebración da XVII edición do Festival de Cans.
Con quince alumnos, comeza hoxe (a partir das 16 horas) o curso de cociña creativa que imparte o chef galego Ivan Méndez, orientado a persoas cunha actividade laboral ligada ao sector hostaleiro.
Cami Moreira, concelleira de Cultura asistiu hoxe, a primeira hora, ao inicio dos traballos de montaxe do escenario e demais elementos do Festival "Sons da Canteira" que terá lugar este sábado 29, a partir das 18 horas.
A oferta de “Vodafone” foi a mellor valorada entre as empresas de telefonía que presentaron plicas na licitación que ven de resolver e adxudicar a correspondente mesa de contratación celebrada polo Concello. A mesa, presidida pola alcaldesa e constituída polo secretario, interventora, xefa de contratación e arquitecta municipal decidiu en favor de “Vodafone” que presentou unha oferta por 269.900 euros máis IVE. A plica desta operadora rebaixou o importe inicial da licitación que eran 300.000 € máis IVE. A adxudicación é por dous anos. A empresa está obrigada a modernizar as estruturas tecnolóxicas de telefonía (liña de voz , datos e acceso á internet) dos edificios municipais así como os sistemas de hardware da casa consistorial. O Concello esixe á nova adxudicataria, unha conexión á internet moderna e rápida en todos os centros de titularidade municipal coma o Multiusos de Torneiros, Polideportivo, Centro Cultural e nos locais sociais e culturais das parroquias.
O goberno municipal do Porriño acadou o respaldo da maioría da corporación para iniciar o expediente de contratación do servizo de recollida e transporte do lixo. O novo contrato que comeza a prepararse contempla tamén que o futuro adxudicatario se faga cargo doutros residuos domésticos e asimilables así como da xestión do ”Punto Limpo” do concello.
O Concello do Porriño informa dun corte de suministro para reparar dúas avarías no suministro de auga no termo municipal que van ser reparadas no transcurso vindeira noite, na madrugada do mércores 26 ao xoves 27, segundo as explicacións que facilitou o Consorcio de Augas do Louro e a empresa concesionaria da explotación “Aqualia”.O corte de suministro efectuarase entre as 00:00 e as 04:00 para reparar dúas fugas de ubicadas na mesma líña, coas seguintes rúas afectadas pola interrupción do abastecemento:-AV. ANTONIO PALACIOS (ACERA NORTE) Y TRAVESÍAS-NAVUXIL-MALLADOURA-ALOQUES-TARELA-GULPILLEIRA-URBANIZACIÓN MONTEALTO-SEQUEIRAS
A alcaldesa de O Porriño, Eva García definiu a inminente celebración do Festival de Cans coma “o triunfo da vontade fronte ás adversidades”. Durante a súa intervención na presentación da vindeira edición do certame que mudou a setembro por mor do estado de alarma, a alcaldesa porriñesa suliñou que “é moi importante acadar que o Festival se celebre cun notable esforzo para manter unha programación de primeira orde e que se faga axeitada aos protocolos anti-covid, é moi digno de mención e recoñecemento” manifestou Eva García.
A alcaldesa Eva García presidiu hoxe a presentación en roda de prensa do primeiro Festival Sons da Canteira que se celebrará no Porriño o sábado 29 de agosto. Un evento artístico que recolle unha mostra varíada da música contemporánea galega nun entorno natural, unha canteira en restauración en Vilafria (Atios) que semella un anfiteatro de pedra. “Un escenario espectacular que funde a modernidade da proposta musical co protagonismo na historia recente da industria galega que significan as canteiras do Porriño”, segundo definiu a alcaldesa.