A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (ACEESCA) acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo e o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernándo González Abeijón.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, continúa coa rolda de xuntanzas coas asociacións veciñais e culturais do municipio. A última delas, foi con representantes da Asociación Cultural “A Forna” de Budiño, á que asistiu acompañado polos concelleiros Bienvenido Estévez e José Carlos González.
O goberno local que preside Alejandro Lorenzo anunciou hoxe que prescindirá de cinco vehículos -os de máis luxo e cilindrada- do parque municipal para aforrar "gastos innecesarios". Son o tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros do goberno municipal e á Policía Local.
O novo goberno municipal do Porriño afrontará o mércores día 12 o seu primeiro pleno corporativo, desde a investidura de Alejandro Lorenzo como rexedor, ocorrida o pasado 23 de decembro. Será sesión ordinaria, que comezará ás 18.00 horas e cunha orde do día composta por nove puntos. O alcalde Alejandro Lorenzo informará do nomeamento dos tenentes de alcalde e dos membros da xunta de goberno local.Adxuntamos documento en "pdf" coa orde do día
O alcalde Alejandro Lorenzo e o concelleiro, Bienvenido Estévez, responsable de Parroquias no goberno municipal reuníronse con integrantes da nova “Asociación de Veciños e Veciñas das parroquias e polígonos de Torneiros” para coñecer de primeira man as demandas máis urxentes da veciñanza.
A Casa do Concello do Porriño xa loce desde esta tarde, a frecha amarela e o logotipo do Xacobeo 2021-2022, como corresponde a un municipio referente do Camiño Portugués a Compostela.
O alcalde Alejandro Lorenzo valorou "o comportamento admirable" do público que presenciou o desfile conxunto de rondallas de Mos e O Porriño celebrado onte domingo. O rexedor municipal fixo hoxe unha valoración do acto que foi “un sopro de aire fresco que todos necesitabamos e nada mellor que as rondallas que son un selo de identidade e un dos nosos baluartes culturais”.
O Concello do Porriño aumentará a presenza policial no mercado ambulante dos martes para informar aos usuarios/as e vendedores/as da normativa sanitaria en vigor e garantir que se cumpla.
Pola contra valorouse que no desfile conxunto de rondallas de Mos e O Porriño, sí poderán manterse as debidas garantías e distancias polo seu longo percorrido
Alejandro Lorenzo convoca unha reunión da Comisión Municipal de Seguimento do Covid para avaliar a situación sanitaria no Porriño, á vista dos datos epidemiolóxicos desta sexta onda da pandemia.
O alcalde Alejandro Lorenzo anunciou hoxe desde Mosende que o novo goberno municipal “acometerá un Plan de Mellora e Acondicionamento do Viario Municipal”.