20 persoas desempregadas do Porriño fórmanse mentres traballan no obradoiro dual de emprego `Porremprego Cualifica´, promovido polo Concello do Porriño e subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 503.987 euros, que se está a desenvolver nas instalacións do multiusos de Torneiros.
O Concello do Porriño vén de presentar á Xunta de Galicia o seu proxecto para a implantación do transporte urbano municipal incluído na Rede de Transporte Público de Galicia.
O IES Ribeira do Louro acolleu onte a entrega do V Premio Vidal Bolaño, que este ano recoñeceu a José Luis Baños de Cos pola súa obra “Lume”, unha obra moi acaída pola temática e pola linguaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario.
O Porriño celebra o aniversario da súa veciña máis lonxeva, Bienvenida Lorenzo, que cumpre un século de vida. Non todos os días se cumpren 100 anos e tampouco é doado alcanzar esa idade en boas condicións para disfrutar da celebración como hoxe fixo Bienvenida, que rodeada da súa familia recibiu a visita do alcalde, Alejandro Lorenzo , en tan sinalado día. E é que ademais, en casa de Bienvenida hoxe festexábase por partida dobre xa que tamén se celebra o 18 aniversario de Daniel, un dos seus bisnetos, que comparte aniversario don ela.
A primeiro deles, o “Programa de reforzo educativo para a obtención do título de ESO para adultos” que se desenvolverá do 25 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023 de maneira presencial. As clases impartiranse de martes a venres de 18 h a 21 h e os sábados de 10h a 13h e prepararanse as materias incluídas nos tres eidos dos que consta a proba (científico-tecnolóxico, comunicación e social). Está dirixidas a maiores de 18 anos que non dispoñan desta titulación.
As obras de reconstrución da Capela do Cristo darán comezo nos próximos meses. O Concello do Porriño concedeu onte a licencia de obra á Diócese de Tui-Vigo para o comezo dos traballos de reparación da cuberta do templo antes de seis meses.
Os delegados territoriais da Xunta en Vigo e Pontevedra, Marta Fernández-Tapias e Luis López, anunciaron este mediodía que o Goberno galego executará ou activará investimentos por 15,7 millóns de euros no que resta do presente ano no Concello do Porriño, segundo se analizou na primeira sesión conxunta da Comisión Provincial de ambas delegacións territoriais, celebrada na casa consistorial deste municipio da Louriña.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Política Social, Rosario Costas, visitaron esta mañá as escolas infantís da rede Galiña Azul no Porriño, onde deron a benvida aos nenos e nenas que esta semana inician o novo curso.
Onte despedimos a Nura, Yousuf, Sabrin, Nesrim, Mulay, Muna e Anija, os nenos e nenas saharauís que pasaron este verán no Porriño no marco do programa “Vacaciones en Paz”.