Tódolos membros do Goberno local do Porriño comparecerán se é preciso, coa alcaldesa á fronte, diante da Corporación e dos veciños para expoñer os gastos de cada unha das concellerías e tratar das facturas das mesmas, tal e como quedou claro este mércores nun Pleno extraordinario no que todos os integrantes do Goberno do Porriño votaron a favor da devandita comparecencia.
O Pleno do Concello do Porriño reúnese este mércores, día 5 de setembro, en sesión extraordinaria, ás 12:30 h., a petición do Grupo Municipal do Partido Popular, para que comparezan no mesmo os concelleiros Manuel Carrera Punzón e Orlando Márquez López, e calquer outro concelleiro firmante de toda a facturación que fora rexeitada no ano 2017/2018.
A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño a través da súa OMIX, impulsa a iniciativa de participación infantil e adolescente, enmarcada na candidatura do Porriño ao recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia de UNICEF.
Axentes da Policía Local do Porriño, en colaboración con membros da Garda Civil, detiveron este domingo pasado, día 2 de setembro, a C.A.F.C. ,de 29 anos de idade,, polo incumprimento dunha orde de afastamento ditada polo Xulgado do Penal nº 1 de Vigo, segundo sentenza firme, cometendo este individuo un presunto Delito de Quebrantamento de Condena.
A alcaldesa vén de supervisar, persoalmente, o remate dos traballos de reforma e mellora da Escola Infantil A Galiña Azul de Torneiros, que o Concello acometeu cun orzamento de 37.577,53€, con cargo á liquidación do Consorcio Galego de Benestar.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, mantivo este venres unha xuntanza en Madrid coa presidenta da ADIF, a Isabel Pardo de Vera, a petición dela, para retomar o proxecto de eliminación do paso a nivel que atravesa o centro da vila.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada do responsable da Policía Local, a enxeñeira xefe da obra e representantes da empresa que fará os traballos da abastecemento na ‘zona cero’ do barrio do Contrasto, mantivo unha xuntanza cos veciños desta zona, para explicarlles polo miúdo cómo se acometerán os mesmos, cando durarán e qué medidas de seguridade haberá que seguir durante a súa realización.
O Concello vai comezar as obras de abastecemento na ‘zona cero’ do Contrasto, en Torneiros, onde hai meses aparecerán refugallos de lindano, motivo polo cal este mércores, a alcaldesa, Eva García de la Torre, mantivo unha xuntanza, no mesmo lugar, con representantes da empresa que vai realizar os traballos, a enxeñeira encargada, o director de obra, o coordinador de seguridade e saúde da obra, un técnico do Consorcio de Augas do Louro e o xefe da Policía Local.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), vén de agradecer ás veciñas e veciños do Porriño, nunha carta enviada á alcaldesa, a súa “contribución e compromiso sincero” durante os pasados días 26, 17 e 28 de xullo no que 136 persoas achegáronse a facer doacións de sangue á unidade móbil da Axencia.
A Concellería de Formación e Emprego do Porriño, que dirixe Soledad Girón, vén de abrir ata o vindeiro luns, día 27, incluido, o prazo de inscrición para os cursos de ‘Atención Socio-sanitaria a persoas no domicilio’ (SSCS01ET, código 340 ou 320), e ‘Atención socio-sanitaria a persoas en institucións sociais’ (SSCS11ET Código 340 ou 320), dentro dos ‘Obradoiros de Emprego Porriño Social’.
O Concello vén de publicar as ‘Bases de funcionamento dos postos de venda das Festas do Cristo que teñen prevista a súa celebraciçon os días 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de setembro.
A concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón, entregou os diplomas ás nenas e nenos que participaron nos Campamentos de Verán do Concello, este ano. En total, sinala a concelleira, foron 240 participantes que puideron gozar durante 6 semanas de actividades coma xogos, deportes, excursións, ou saídas ao Museo do Mar de Galicia ou á Praia de Alcabre, en Vigo.