A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, falou este mesmo martes pola tarde, coa presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Isabel Pardo de Vera, quen “garantiume” que o proxecto de supresión do paso a nivel do centro do Porriño “segue adiante” sendo asumido directamente por ADIF, un organismo público autónomo que conta co seu propio orzamento.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañou este venres ás veciñas e veciños de Cans que viaxaron ata o mosteiro de Montederramo, na Ribeira Sacra, onde Keka Losada -presidenta da Asociación Arela-, Alfonso Pato e a "Señora Alicia", veciña de Cans que colabora activamente co festival, recibiron hoxe o Premio da Cultura Galega que outorga o Goberno de Galicia.
Do xoves 10 de xaneiro ao 30 deste mesmo mes, poderá visitarse na OMIX do Concello do Porriño -na planta baixa do Centro Cultural Municipal-a Exposición de fotografía “Viaxando” que mostra os traballos presentados ao 12º Certame de fotografía do mesmo nome.
A Alcaldía segue adiante coa reforma e o arranxo dos parques infantís do Porriño que, en algún caso “ou ben estaban obsoletos ou en moi mal estado ou totalmente abandonados dende hai anos”, como sinala a alcaldesa, Eva García de la Torre.
Se tes menos de 30 anos e baixa cualificación profesional, debes saber que a Asociación de Industriais Metalúrxicos (ASIME) ven de asinar un convenio coa Concellería de Emprego e Formación, dirixida por Soledad Girón, para desenvolver no O Porriño o Programa Integrado de Emprego de Galicia, impulsado pola Consellería de Economía Emprego e Industria, e o Ministerio de Traballo Migracións e Seguridade Social, que formará a 20 persoas no sector metalúrxico.
Eva García de la Torre vén de asumir, persoalmente, a solución ao “gravísimo” problema de filtracións de auga que están a padecer, dende hai anos, os veciños dun edificio da Fase V de Torneiros.
Axentes da La Policía Local do Porriño veñen de desartellar dous puntos negros de venda de droga na vila e de deter a un individuo de 47 anos de idade relacionado coa venda de estupefacientes.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, manifestouse na estrada PO-510, xunto coas veciñas e veciños do barrio da Vaquería, na parroquia de Budiño, para esixir, de novo, á Xunta de Galicia, que dea una solución aos porriñeses que viven neste barrio, “que fica dividido por unha liña continua na estrada que fai imposible aos coches xirar para chegar ás casas ou negocios e cruzar aos peóns”.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, mantiveron unha xuntanza con representantes do Foro de Empresarios de Galicia coa finalidade de tratar a necesidade do aproveitamento de chan industrial nos polígonos do Porriño.
Dentro do programa de lecer destas festas, este xoves chega un dos días máis salientábeis co 'Festival de Nadal da Escola Municipal de Música', ás 7 da tarde no Círculo Recreativo e Cultural, no que participarán alumnas e alumnos de Música e Movemento, Coral Infantil, Coral Polifónica, Grupo Tradicional, Grupo de Guitarras, Orquestra e Banda de Música Municipal.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, e Manuel Carrera, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, veñen de amosar a súa estupefacción logo de coñecer a decisión, unilateral, dos responsábeis da Interrunning de non seguir organizando esta proba no Porriño, logo de 12 anos.
A alcaldesa vén de convocar ás porriñesas e porriñeses, en nome da Corporación,a unha concentración este mércores, día 19 de decembro, ás 12:00 h. diante do Concello, para amosar o apoio e a solidariedade coa familia de Laura Luelmo, rexeitar o seu asasinato, e deixar claro que as veciñas e veciños do Porriño berran ben alto Basta Xa!