As prazas e rúas do centro urban de Porriño están a vivir cun bó ambiente de público e ventas, unha nova edición de "Merca na rúa". Este mediodía un tempo solleiro aliouse para un mellor arranque desta XX edición da Feira de Oportunidades que organiza "Acipor" coa colaboración do Concello. O evento continuará ata o domingo 10, en horario de 11 h a 20 h.
O domingo 10 de marzo co gallo do Día Mundial do Ril , Porriño acollerá un obradoiro de prevención. En horario matinal de 10 ata ás 14 h, haberá unha carpa instalada na Praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello. Personal da Fundación Iñigo Álvarez de Toledo impartirá técnicas e exercicios de prevención e envellecemento activo. Os actos en Porriño continuarán o vindeiro xoves día 14 cun acto institucional ante o edificio consistorial. Participarán Eva García, alcaldesa de O Porriño e maila presidenta da antedita Fundación. Este año o lema da campaña é “Saúde renal para todos en todalas partes”.
A sala do Centro Cultural Municipal estivo chea de público que disfrutou esta noite coa actuación das Pandereteiras Fonteliño que fixeron as delicias dos espectadores. O espectáculo programado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Porriño inscríbese na campaña "As Mulleres fan Porriño" que se desenrola co gallo do Día Internacional da Muller ata o vindeiro 13 de marzo.
“As mulleres estamos nun tempo de excepción: se nos chaman feminazis por defender os nosos dereitos, pois a moita honra porque o que queremos é facer as cousas do mesmo xeito que os homes”, dixo Eva García, alcaldesa de Porriño no acto institucional do 8M celebrado hoxe nesta vila.
Preto dun milleiro de veciños dos barrios de A Vaquería, Vitueira e A Cruz, na parroquia de Budiño, poderán ter servizo da Rede Muncipal de Saneamento do Porriño antes de metade do mes de marzo.