Deputación de Pontevedra, a través do organismo “Turismo Rías Baixas” acollerá mañan mércores 29, unha nova presentación da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Trátase dunha acción informativa de ámbito provincial que complementará a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistirán Eva García, alcaldesa de Porriño, Santos Héctor, deputado provincial delegado de Turismo e representantes da patronal local ACIPOR e do sector de panaderías de Porriño.
O Ministerio de Interior xa publica na súa páxina web os resultados provisionais co 100% do escrutinio das eleccións municipais.Votaron 10.918 porriñeses dos 15.998 censados para estes comicios do 26 de maio. Polo tanto houbo un 69,51% de participación e unha abstención cifrada no 30,49% (4789 electores non exercitaron o seu dereito ó voto).
Un total de 15.998 porriñeses e porriñesas forman o censo electoral residente de Porriño para estes comicios locais e europeos do domingo 26 de maio, segundo o dato oficial recollido polo Instituto Nacional de Estadística.
Directivas da asociación "Lena Protectora de Animais" estiveron hoxe no Concello de Porriño para comentar os preparativos da campaña de esterilización de gatos que emprenderán a partir da vindeira semana no centro urbano da cidade. Reunironse coa alcaldesa, Eva García e a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.
A alcaldesa Eva García de la Torre asegurou que “o Concello de Porriño subvencionará un segundo curso de defensa persoal feminina” como continuidade do que rematará mañan sábado 25. A idea de continuar con máis clases xurdeu dalgunhas das participantes de Porriño que prantexaron esa idea ó Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez. Rápidamente acadaron que ó redor de 60 mulleres se sumaran á súa iniciativa. A proposta chegou á alcaldesa que lles manifestou que o Concello subvencionaría o custe de seguir con dúas clases mensuais que se manterán os sábados. Por outra banda, mañan terá lugar a entrega de diplomas acreditativos do curso de defensa persoal e protección xurídica ás 130 mulleres participantes, no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño
Hoxe xoves, na segunda xornada do Festival de Cans, a meirande parte da actividade de tarde e noite concentrase no entorno do Concello. A partir das 19 horas chegarán a banda de gaitas“Os Zoqueiros” para amenizar a icónica “procesión de chimpíns” que sairá coa comitiva oficial de autoridades e invitados, dende a praza Arquitecto Antonio Palacios. Despois dun percorrido por diversas rúas, a procesión de chimpíns rematará no Círculo Recreativo Cultural onde terá lugar (20 h.) a proxección de “Eroski Paraíso”, coa presenza de Jorge Coira e Xesús Ron, directores da cinta, elenco de actores e outros membros do equipo técnico. No reparto de este filme figuran Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Cris Iglesias.
Esta tarde, a partir das 19 horas, comezará no Círculo Recreativo Cultural, o concerto Festival Letras Galegas da Escola Municipal de Música do Porriño. Entrada libre e de balde ata completar aforo. Promovido polo Concello de Porriño coa colaboración da Deputación Provincial.
O mércores 22 arranca a decisosexta edición do Festival de Cans. Aínda que a programación comeza dende primera hora da mañán, os actos máis sobranceiros terán lugar de tarde co "Día dos Veciños" que se desenrolará a partir das 21 horas no Torreiro.
"Corto e Cambio" é un programa de prevención do consumo de tabaco, alcol e drogas entre adolescentes, no que participaron uns 120 mozos e mozas promovido polo Concello de Porriño e organizado pola OMIX. Os mozos e mozas elaboraron distintas pezas audiovisuais para sensibilizar sobre esta problemática ao resto de compañeiros e a cidadanía en xeral.
A Alcaldesa de Porriño, os concelleiros do goberno municipal e os voceiros dos grupos políticos da Corporación Local encabezaron a concentración de repudia polos sucesos de Torneiros e para mostrar o apoio de Concello de Porriño ás familias de xitanos zamoranos. Representantes das familias de xitanos zamoranos, entre eles, familiares directos dos feridos, tamén acudiron e participaron na concentración.
Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” co gallo da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. O certame presentouse hoxe no Concello coa presencia de Eva García, alcaldesa da cidade; Juana Pérez, presidenta da asociación empresarial “Acipor” e os representantes do sector panadeiro local, encabezados por José Manuel Fernández.