O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente da Asociación de Veciños de San Xurxo de Mosende, Ángel Lago, asinaron esta semana o convenio de doazón de terreos entre ambas entidades para a execución de obras de ampliación do Cento Cultural de Mosende e o acondicionamento da súa contorna.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, supervisou hoxe o inicio das obras de humanización e acondicionamento das rúas Buenos Aires e Progreso, acompañado polo concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, técnicos do departamento autonómico de Infraestruturas e da empresa adxudicataria.Os traballos, que contemplan a reforma integral da PO-329 ao seu paso polo centro urbano transformándoa nunha rúa na que os coches ceden protagonismo aos peóns, deron comezo hoxe e teñen un prazo máximo de execución de 5 meses."Con esta actuación daremos vida a unha zona do centro urbano que precisa dinamizarse e acondicionaremos un dos principais accesos á vila, reforzando a seguridade peonil, mellorando a accesibilidade e a estética e favorecendo a integración urbana, ademais de retirar o paso de vehículos pesados da zona", explicou o alcalde.Os traballos comprenden a intervención nun treito de case 700 metros desta vía, na que se reforzará a seguridade a pé dos vecinos, ademáis de mellorar a accesibilidade e tamén o aspecto estético deste treito da vía, favorecendo a súa mellor integración urbana. En concreto, os traballos consistirán na execución de beirarrúas máis anchas, para o que se reducirá un pouco a anchura dos carrís de circulación na reordenación das zonas de aparcadoiro en todo o treito de actuación, na renovación dos pavimentos, tanto das beirarrúas como dos aparcadoiros; e na rehabilitación da calzada. Completarase a actuación coa dotación de mobiliario urbano: dispoñeranse bancos, papeleiras, xardineiras e árbores; ademáis de mellorar a iluminación con 22 novos puntos de luz e con 12 reforzos luminosos nos pasos peonís, para garantir unha maior seguridade.Os traballos proxectados polo departamento de Infraestruturas da Xunta dividiranse en cinco treitos, en función das necesidades de actuación detectadas en cada un deles. NO primeiro tramo, entre as dúas interseccións coa rúa dos Muíños, que chega ao comezo do peche protexe as vías dotren, aumentarase o ancho da beirarrúa, reducíndose os carrís e deixando as prazas de aparcadoiro na marxe dereita. No segundo treito, desde o comezo do peche de Adif ata o paso a nivel, reordenarase a sección actual da calzada para aumentar o ancho das beirarrúas, manténdose tamén aquí os aparcadoiros na marxe dereita.O tramo tres vai desde o paso a nivel ata o cruce coa rúa Ponte do Valo, onde se proxecta nunha plataforma compartida a nivel, de sentido único de circulación desde o mesmo paso a nivel ata a rúa Avelino Villasuso. No cuarto treito, que descorre cruzando o río Louro e pasa baixo a autovía A-55, vaise mellorar a seguridade peonil, colocando pasos elevados e adaptándose á normativa de accesibilidade. E no quinto treito, que acaba na glorieta da PO-331, reordenarase a calzada para gañar espazo para os peóns
O Centro Cultural Municipal acolleu hoxe a presentación de Lume, a obra de José Luis Baños de Cos que resultou gañadora do certame de textos de teatro xuvenil Roberto Vidal Bolaño na súa quinta edición.
O Concello do Porriño avanza no seu obxectivo de acondicionar e mellorar todos os parques infantís. Os traballos, que abranguen 33 zonas de xogo do centro urbano e das parroquias, están a ser acometidos con varias vías de financiación, algún deles con fondos propios e outros con cargo a unha liña de axudas do Plan Concellos da Deputación Provincial que supón unha inversión de 228.000 euros.
O comité directivo do Consorcio de Augas do Louro, presidido por Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, aceptou a proposta de adxudicación para a contratación de seis obras en materia de saneamento no Concello do Porriño. As actuacións supoñen unha inversión de máis de 900.000 euros e darán servizo a preto de 300 veciños de distintas parroquias.
O centro cultural acolleu onte a proxección dos traballos de “A Vida nun Click” , a actividade interxeracional que levou a cabo o alumnado do IES Pino Manso e as persoas usuarias da Unidade Asistencial de Día de Afaga no Porriño.
Xa se pode formalizar a inscrición no Campamento de Verán 2023 do Concello do Porriño. A actividade está dirixida a rapaces e rapazas do Porriño de entre 3 e 12 anos e enfocada na aprendizaxe, formación e ocio para eles e elas.
A concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño están a desenvolver un Programa de Intervencións asistidas con Cans para o alumnado con NEAE do centro educativo ACEESCA.
O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación e a OMIX, está a desenvolver nos centros educativos os obradoiros de educación en valores asistidos por cans de terapia “Ladrando ladrando a clase pasa voando”.
O Concello do Porriño fixo entrega de dez equipos DESA a asociacións veciñais e clubs deportivos do municipio que se distribuirán en todas as parroquias.