Nas seguintes ligazóns pódese descargar información relativa ao desenvolvemento do Campamento de Nadal 2023 - 2024 do Concello do Porriño que dará comezo o vindeiro 22 de decembro, así como a listaxe completa de admitidos/as no mesmo.
O Porriño dará a benvida este mércores á tempada de Nadal co acendido do seu alumeado. A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá a partir dos 17 h varias actividades para festexar por todo o alto o arranque do Nadal.
A Secretaria Xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, acompañou hoxe ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e á concelleira de Igualdade, Carolina González, na presentación do novo Punto Violeta do Concello do Porriño.
O vindeiro 22 de decembro comenzará o Campamento de Nadal organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa, de idades comprendidas entre os 3 de 12 anos (ambos inclusive ). Tendo preferencia os empadroados no Porriño.
O Concello do Porriño organiza o I Mercadiño de Nadal con produtos artesanais, decoración, alimentación, complementos ou agasallos, entre outros artigos, todos eles relacionados con estas datas tan entrañables.
O pavillón municipal do Porriño acolleu hoxe a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que, como cada ano, organiza Aceesca para reclamar a implicación de toda a sociedade para a plena inclusión das persoas con diversidade.
Xa está a piques de chegar o Nadal e O Porriño prepárase para festexalo por todo o alto con múltiples actividades. Unha delas, o Concurso de iluminación e deseño dos escaparates de Nadal nos establecementos comerciais e tamén nas vivendas do Porriño.
Asociación Española Contra o Cancro do Porriño abriu hoxe as portas do seu tradicional mercadillo solidario de Nadal, en colaboración co Concello de Porriño, co ánimo de recadar fondos para a axudar aos enfermos de cancro e ás súas familias.