O Concello do Porriño ven de solicitar unha subvención á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para levar a cabo dúas actuacións clave de mellora nas infraestruturas dos parques empresariais de A Granxa e As Gándaras. Esta iniciativa, cun orzamento total de preto de 300.000 euros, busca reforzar a competitividade das empresas locais e fomentar a creación de emprego na comarca.
O Porriño volve facer gala do seu lema "O Concello do Deporte" coa organización, xunto co Club Atletismo Porriño, da proba O Porriño 10 Km - OP 10K. Preto de mil persoas tomarán a saída o vindeiro domingo para completar un circuíto homologado pola Real Federación Española de Atletismo polas rúas do centro urbano, cuxa lonxitude variará en función da categoría, dende os 100 metros dos máis pequenos (chupetes e pitufos), aos 1.000 dos benxamíns e alevíns, 2.000 para a categoría infantil e 5.000 para cadete e xuvenil; na categoría absoluta ademais dos 10 quilómetros, ofrécese a posibilidade de facer unha única volta e completar os 5 quilómetros.
A Praza 8 de Marzo, na Avenida de Galicia, será o escenario dunha iniciativa pioneira para promover o consumo responsable durante a primeira fin de semana de maio. O Fli-Po Market, organizado polo Concello do Porriño, ofrecerá un espazo para a compra, venda e intercambio de produtos de segunda man. Ademais, contará cunha ampla programación de actividades lúdicas, música en directo e unha variada oferta gastronómica con postos de comida.
O Club de Lectura da Biblioteca Municipal do Porriño celebrará o vindeiro 17 de marzo unha sesión especial en aberto dedicada á figura de Castelao, coincidindo coa exposición “Castelao grafista (facsímile)”, que pode visitarse no Centro Cultural Municipal ata o 19 de marzo. Esta iniciativa enmárcase na conmemoración do Ano Castelao, ao cumprirse o 75 aniversario do seu pasamento.
O Concello do Porriño vén de presentar un novo proxecto co obxectivo de mitigar os efectos adversos do cambio climático e favorecer a adaptación da cidadanía aos novos escenarios ambientais. Son dúas as actuacións contempladas consistentes na adecuación de dous espazos públicos urbanos en zonas verdes con sombra, una delas na Avenida de Galicia e outra na rúa Ramón González, que abrangue a zona peonil do centro da vila.
O Concello do Porriño estende aos 365 días do ano a reivindicación dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero. Así, pasado xa o 8 de Marzo, continúan esta semana as actividades integradas na programación organizada con motivo do Día Internacional da Muller baixo o lema “8M, 365 días”.
Preto de 200 escolares de tódolos centros educativos do Porriño participan nos vindeiros días da coñecida como Semana Branca. Unha actividade consistente nunha viaxe de tres días a unha estación de esquí de San Isidro, provincia de León.
O Concello do Porriño converteuse hoxe nun espazo de memoria, recoñecemento e reivindicación coa celebración do acto central do 8M, organizado pola Concellería de Igualdade, no marco da campaña municipal “8M, 365 días”. Numerosos veciños e veciñas achegáronse ata o Concello para sumarse a esta homenaxe, que puxo en valor a loita histórica das mulleres e a importancia de seguir traballando pola igualdade real, non só cada 8 de marzo, senón todos os días do ano.
O Concello do Porriño, a través da Concellaría de Igualdade, presentou hoxe na Casa Consistorial a programación de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema “8M, 365 días”, o programa deste ano pon o foco na necesidade de reivindicar os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero non só cada 8 de marzo, senón todos os días do ano.
A Concellería de Educación do Porriño informa de que desde o 1 de marzo permanece aberto o prazo para solicitar praza nos centros educativos do municipio de cara ao curso 2025/26. As familias teñen ata o 20 de marzo para presentar as súas solicitudes, tanto de maneira presencial nos centros como a través da plataforma electrónica habilitada pola Xunta de Galicia.