Nos primeiros sete meses deste ano durmiron no albergue do Porriño 3.154 peregrinos, 464 máis que nos mesmos meses de 2016, o que sinala un incremento do 17,2% en relación cos 2.695 que estiveran ata xullo do ano pasado.
A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, coa colaboración do Concello do Porriño, organiza os días 25, venres, 26, sábado, e domingo 27 de agosto, as Festas en honra de San Sebastián.
A Corporación Municipal do Porriño invita ás veciñas e veciños a participar este venres, día 18 de agosto, ás 12:00 h. nunha concentración, diante do Concello, na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, para amosar o seu rexeitamento do terrorismo e dar o seu apoio ás vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils, as súas familias e a todo o pobo de Cataluña.
A concelleira de Benestar, Soledad Girón, pechou, coa entrega de diplomas ás cativas e cativos participantes, os Campamentos de Verán do Porriño, que o Concello organizara dende o pasado 3 de xullo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar a colocación das novas papeleiras en distintas partes do casco urbano do Porriño no que é o inicio dun proceso que abranguera todas as parroquias e que seguirá nas vindeiras semanas.
A Concellería de Vías e Obras está a levar a cabo os traballos de conexión á rede municipal do saneamento do núcleo de poboación de Albarín, na parroquia de Atios, de xeito que as vivendas deste barrio teñan resolta a mesma nun prazo máximo de 3 meses.
A Concellería de Vías e Obras ven de acometer o inicio dos traballos de conexión á rede de saneamento do barrio de A Pereira-Contrasto, na parroquia de Torneiros, nos que investirá 150.000€, con cargo aos orzamentos correspondentes a O Porriño do ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra.
O lugar da ‘Volta da Moura’, foi o escenario, este domingo día 6 de agosto, da homenaxe a 9 veciños do Porriño que foron asasinados polo Exército franquista días despois do golpe de Estado de xullo de 1936.