A Concellería de Vías e Obras empezou hai tres semanas, con medios propios, os traballos de saneamento que dará servizo a 20 vivendas dos barrios de O Corzón, A Arrotea e A Lameira, na parroquia de Pontellas, e que conta cun orzamento duns 30.000€
O vindeiro domingo, día 10 de setembro, dende as 11 da mañá, organizada pola Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia de Santa María do Porriño, 'Festa da Risca'.
‘Merca na Rúa’ ofrecerá artigos rebaixados “nunha cantidade tal que non sería posible atopalos a este prezo nas tendas”. Isto subliñou este mércores a presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR).
A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño, logo da importante demanda dos mesmos, ven de ampliar os talleres de ‘Crecemento Persoal e Adquisición de Habilidades Sociais, con perspectiva de xénero’.
Logo de 2 anos de ‘seca’, sen concesión algunha de accións formativas para o concello do Porriño, “aínda sabendo a importancia das mesmas para as persoas que están sen traballo”, finalmente a Concellería de Emprego e Formación, que dirixe Soledad Girón, ven de conquerir da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Goberno de Galicia tres cursos AFD ( Accións Formativas para Persoas Desempregadas), cunha subvención de 96.174€.
A Biblioteca Municipal do Porriño segue a súa programación de cursos e actividades para 2017, co obxectivo de que a mesma siga a ser un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social e un servizo público de importancia na sociedade actual.
A concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de iniciar traballos de asfaltado e de conexión á rede de saneamento no barrio da Costeira- Mosende, cun orzamento de 60.440€, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O Club Furaventos de O Porriño organiza esta fin de semana, 26 e 27 de agosto, dende as 10 da mañá, o Open Nacional F3Q Acro, de acrobacia con grandes veleiros e o encontro de pilotos de Aeromodelismo, que se disputará na Pista de Aeromodelismo de Pontellas.