A historia de Miguel, alcumado “El Músico”, un dos vinte propietarios da maioría dos clubs de alterne de España ata a súa detención, condena e arrepentimento, contada no documental “El Proxeneta”, de Mabel Lozano, removeu conciencias entre o numeroso público asistente anoite a proxección celebrada no Circulo Recreativo e Cultural de Porriño. A visión da película e un posterior coloquio con Mabel Lozano, directora e guionista da cinta, pechou a programación “As Mulleres fan Porriño” en torno ó 8M, Día Internacional da Muller.
Leire Pajin, Carla Reyes e Carmen Avendaño compartiron as suas reflexions sobre a loita pola igualdade no coloquio que protagonizaron anoite dentro do ciclo “As mulleres fan Porriño”. As tres ponentes foron presentadas por Eva García, alcaldesa da vila quen agradeceulles a súa presenza no Centro Cultural Municipal así como ó numeroso público asistente.
Mabel Lozano presentará este serán (19,30 h) no Círculo Recreativo e Cultural a súa película "El Proxeneta, paso corto, mala leche" que investiga na trata de mulleres con fins de explotación sexual.
Eva García, alcaldesa de O Porriño firmou coa presidenta do Círculo Recreativo e Cultural da vila, a renovación do convenio anual de colaboración entre ambalas dúas entidades. A firma realizouse no despacho da Alcaldía e revalida o convenio para o presente ejercicio de 2019 por un importe de 20.000 euros. A achega económica do Concello prodúcese pola cesión das instalacions do Círculo para acoller actos da programación municipal como está a ocurrir nesta semana con alguns dos eventos programados na campaña “As mulleres fan Porriño”.
Eva García, alcaldesa de O Porriño presidiu a concentración silenciosa en repulsa polo crimen machista acontecido onte en Valga. O acto celebrouse a mediodía fronte a Casa Conssitorial e contou coa presenza das concelleiras de Economía e Seguridade, Lourdes Moure y de Servizos Sociais e Igualdade, Soledad Girón así como outros membros da corporación local, funcionarios, traballadores municipais e veciños que se sumaron espontáneamente á convocatoria.
Leire Pajín, ex-ministra de Igualdade entre 2010 e 2011, participará hoxe martes 12 nun coloquio dentro da programación "As mulleres fan Porriño" promovida polo Concello co gallo do 8M. A ex-ministra socialista compartirá mesa redonda con Carmen Avendaño, presidenta da Fundación "Erguete" e con Carla Reyes, xornalista e dirixente empresarial.
Este fin de semana, en Porriño, celebrase a XX edición da feira de oportunidades "Merca na rúa" que se desensrola na zona peonil do centro urban da vila. O evento ten lugar hoxe sábado e mailo domingo en horario ininterrumpido. O sabado desde as 10 h. ata as 21 h. O domingo, desde as 11 h. ata o peche previsto ás 20 h.A iniciativa corresponde á Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR) en colaboración co Concello e tén como obxetivo rematar os stocks para liquidar a campaña de inverno. Ofrecense descontos de ata o 70% en productos nos 30 stands que participan.
As prazas e rúas do centro urban de Porriño están a vivir cun bó ambiente de público e ventas, unha nova edición de "Merca na rúa". Este mediodía un tempo solleiro aliouse para un mellor arranque desta XX edición da Feira de Oportunidades que organiza "Acipor" coa colaboración do Concello. O evento continuará ata o domingo 10, en horario de 11 h a 20 h.
As prazas e rúas do centro urban de Porriño están a vivir cun bó ambiente de público e ventas, unha nova edición de "Merca na rúa". Este mediodía un tempo solleiro aliouse para un mellor arranque desta XX edición da Feira de Oportunidades que organiza "Acipor" coa colaboración do Concello. O evento continuará ata o domingo 10, en horario de 11 h a 20 h.