IMG_5175.jpg
A Federación Galega de Automobilismo e a Escudaría Rías Baixas louvan o apoio do Concello de Porriño co 53º Recalvi Rallye Rías Baixas
Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo e Fernando Mouriño, máximo responsable da Escudaría Rías Baixas louvaron o apoio do Concello de Porriño ó Rallye Rías Baixas que se celebrará os vindeiros días venres 17 e sábado 18. O 53º Rallye Recalvi Rias Baixas é unha proba valedeira para o Campionato Galego de Rallyes. Terá un trazado de máis de 250 kilómetros dos que 110 serán cronometrados.
Susana-Seivane.jpg
O concerto de Susana Seivane será no Pavillón Municipal pola ameaza de choivas
O concerto musical que ofrecerá o xoves 16 Susana Seivane celebraráse definitivamente no Pavillón Municipal de Deportes debido ás previsións de choiva. Inicialmente programouse para celebrar no Parque do Cristo pero desestimouse pola previsión meteorolóxica. Mantense a mesma hora: nove da noite (21 h.)
cartel-53-Rallye-Rias-Baixas.jpg
A PRAZA DO CONCELLO ACOLLERÁ A PRESENTACIÓN DO 53º RALLYE RIAS BAIXAS
A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá mañán martes 14 a presentación da 53ª edición do Rallye Rías Baixas que un ano máis terá a Porriño como centro neurálxico.Ás trece horas faráse diante da casa consistorial una roda de prensa con asistencia de Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño; Lourdes Moure, concelleira de Seguridade; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local, Julio Bernárdez, responsable do Servizo de Deportes do Concello e por outra banda, Fernando Mouriño, presidente da Escudería Rías Baixas e outras persoas do staff da organización, para detallar os aspectos deportivos e de intendencia desta edición.O 53º Rallye Recalvi Rias Baixas é unha proba valedeira para o Campeonato Galego de Rallyes. Terá un trazado de máis de 250 kilómetros dos que 110 serán cronometrados.O Concello de Porriño colabora un ano máis co Rallye, non só como un dos copatrocinadores, senon tamén cun importantísimo apoio loxístico xa que na nosa cidade terán lugar as verificacións técnicas e administrativos así como os distintos reagrupamentos despois dos tramos cronometrados.
FGDA-BALONCESTO-1-1024x603.jpg
O Pavillón Municipal de Porriño acollerá o mércores 15, a segunda xornada da Liga Galega de Baloncesto Adaptado
Vinte equipos que reunirán 160 deportistas participarán o vindeiro mércores 15 na segunda xornada da Liga Galega de Baloncesto Adaptado 2019 que se disputará no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño. Haberá 18 partidos programados segundo as catro diferentes categorías establecidas, conforme o regulamento da Federación Galega de Deporte Adaptado.
Un-concello-para-vivir-03.jpg
Éxitos deportivos: o segundo equipo do Balonmán Porriño ascende á División de Honra Prata feminina. E o Pontellas CF prepara a celebración do seu histórico ascenso á Terceira División.
O equipo de categoría autonómica do Balonmán Porriño feminino acadou hoxe domingo o seu ascenso a División de Honra Prata ó proclamarse campión do sector celebrado dende o venres na nosa cidade. As porriñesas impuxeronse ó Balonmán Zamora no partido decisivo celebrado a mediodía no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño. Previamente o Balonmán Porriño derrotou ós outros dous equipos que xogaban o sector: KTM Balsebike e EMD Aceuchal.Deste xeito na vindeira tempada o Balomán Porriño terá representación nas dúas máximas categorías do “handball” feminino xa que o primeiro equipo “Godoy Maceira Porriño” ocupa a décima praza na Liga Guerreras Iberdrola e tén garantizada a súa continuidade na elite.
Banner-OPORRINO-2019-MAIO.jpg
Este domingo Porriño acolle a proba ciclodeportiva "Xarotos Gran Fondo", a festa gastronómica dos "Cachos" e a última xornada da Feira do Libro
A proba ciclodeportiva "Xarotos Gran Fondo", organizada polo clube "Máster da Louriña" e patrocinada polo Concello de Porriño e Deputación Provincial, contará finalmente cunha inscripción de 350 participantes. O dorsal número 1 será para o ex-ciclista profesional Gustavo Rodríguez, actualmente adicado ó triatlón, que nesta edición recibirá unha homenaxe especial polos organizadores.
IMG_4998.jpg
Inaugurada a IV Feira do Libro de Porriño
Eva García, alcaldesa de O Porriño inaugurou este serán a IV Feira do Libro de Porriño que conta con oito stands instalados na praza Arquitecto Antonio Palacios.
IMG_4963.jpg
INAUGURADA A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIAS DE RUTH MATILDA ANDERSON NO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL DE PORRIÑO
A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Lourdes Moure, concelleira de Educación; Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.
IMG_4913.jpg
A Alcaldesa de Porriño declárase "encantada de compartir nun ano moi especial" a presentación do Festival de Cans que cumpre 16 edicións
Eva García de la Torre abriu as intervencións das autoridades e representantes dos patrocinadores públicos e privados do Festival de Cans que hoxe presentouse na Casa do Cid. A alcaldesa de Porriño declarouse "encantada de estar aquí e compartir con vos esta presentación nun ano que é moi especial pola concesión ó Festival de Cans do Premio da Cultura Galega".