Coincidindo coa Semana Internacional da Compostaxe, o Concello do Porriño, a través da concellería de Medio Ambiente, inicia a entrega dos composteiros individuais que se entregarán a aquelas persoas que o tiveran solicitado.
O pasado 24 de abril máis de 20.000 runners déronse cita na 10ª Maratón de Brooklyn e, entre eles, a porriñesa Ana Belén Gómez Sousa que se impuxo na súa categoría.
323 alumnos/as de de 5º e 6º de primaria do Porriño amplían a súa formación cun obradoiro de eco-percusión no que aprenden nocións básicas sobre como tocar a caixa, o tambor e a batería.
A Policía Local do Porriño informa dos cortes de tráfico e restricións de estacionamento que se establecerán este domingo, día 1 de maio, pola celebración da carreira “ O Porriño 10K”.
Un operativo conxunto da Policía Local do Porriño e a Garda Civil culminou onte coa desarticulación dun importante punto de venda e distribución de estupefacientes nunha vivenda do centro urbano do Porriño.
O Porriño segue a ser a capital do running e así o demostrará este domingo coa volta dunha das clásicas tanto do circuíto galego como do nacional, “O Porriño 10K”.
O Concello do Porriño adhírese ao convenio de Xestión da Biomasa suscrito pola Xunta, Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra os incendios forestais.
O Concello do Porriño continúa coa súa aposta pola reciclaxe e a favor do medio ambiente poñendo en marcha un servizo específico para a recollida de papel e cartón do que poderán beneficiarse os establecementos comerciais do municipio.
O Concello do Porriño e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil renovaron o convenio de colaboración para atención de emerxencias no termo municipal. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente da agrupación local, Miguel Rivas, formalizaron o acordo que contempla que o Concello aportará 30.000 euros para dotar de persoal e uniformidade aos membros da agrupación, así como para a compra de material e subministros. No acto de sinatura estiveron presentes tamén a secretaria da agrupación, Avelina Tato e o responsable do servizo, Jesús Pexegueiro.