Reunion-senda-peonil-Budino-porrino-deputacion.jpg
Unha senda peonil na EP-2405 mellorará a seguridade en Budiño
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, reuniuse hoxe coa deputada de Infraestruturas e Mobilidade, Isabel Couselo, para abordar os avances no proxecto de construción dunha nova senda peonil no Casal e en Cerquido, en Budiño, unha demanda histórica da veciñanza da parroquia. O proxecto atópase moi avanzado pendente só de concretar a ficha de cesións para proceder á súa tramitación.
451613993_893307519495482_4597579211872089025_n.jpg
Melloras no Centro de Día de Torneiros
O Porriño segue a invertir na calidade dos servizos que presta aos seus maiores. Nesta liña, a entidade local acometerá unha serie de melloras no Centro de Día de Torneiros que redundarán nunha mellor atención aos/as usuarios/as deste centro socio-terapéutico.
451180568_892492569576977_69758645374804979_n.jpg
A piques de comezar as obras de saneamento que beneficiarán a máis de 60 veciños no Outeiro
O Porriño avanza na extensión da súa rede de saneamento coa vista posta na execución integral. O Consorcio de Augas do Louro vén de adxudicar as obras de extensión da rede no Outeiro, na parroquia de Pontellas, que dará servizo a máis de 20 vivendas.
OBRAS.jpg
Desvío de tráfico por obras na rúa Domingo Bueno á altura do Parque Infantil
A concellería de Vías, Obras e Servizos do Porriño xunto coa Policía Local informan que a partires do luns 15 de xullo haberá un carril sen servizo na rúa Domingo Bueno á altura do parque infantil, por mor das obras de humanización da zona.
sae-licitacion-obras-caminos-parroquias-porrino.jpg
O Porriño segue investindo nas súas parroquias e saen a licitación obras en camiños de Carracido e Cans
O Concello do Porriño saca a licitación as obras de pavimentación de dous camiños nas parroquias de Carracido e Cans, cun orzamento base de 71.964,75 euros, financiado ao 100% ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025 da Unión Europea.
porrino-pon-marcha-nova-senda-ciclista-peonil-louro.jpg
O Porriño pon en marcha a nova senda ciclista e peonil do Louro
A transformación da contorna do Louro a materializarse. Ciclistas e peóns disfrutan xa do renovado paseo, un tramo de quilómetro e medio (1.460 metros exactamente) que cada día transitan centos de veciños, pequenos e maiores.
autobus-praia-america-porrino-2024.jpg
En marcha o servizo de autobuses a Praia América
Hoxe entra en funcionamento a liña de autobús que conecta O Porriño (Avda. de Galicia) e Praia América (Rotonda de Rans). Como en anos anteriores a liña é de frecuencia diaria, incluíndo laborais e festivos.
porrino-asfaltado-centro-urbano.jpg
O Porriño renovará o asfaltado de varios viais do centro urbano e parroquias
O Porriño invertirá máis de 150.000 euros en renovar o asfalto de varios viais do centro urbano e das parroquias de Cans e Atios.
primeira-fase-licitacion-humanizacion-pio-xii-porrino-02.jpg
O Porriño licita a primeira fase de humanización da contorna do Centro Social e Pío XII
O Concello do Porriño dá un paso máis na humanización da contorna do centro social que acondicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.
CC-Cruz.jpg
O Concello acomete melloras en varios centros culturais
O Concello do Porriño, a través da súa concellería de Vías e Obras está a desenvolver melloras en varios centros, co fin de acondicionar estas instalacións nas que se desenvolven moitas das actividades culturais, deportivas e recreativas das parroquias.
futura-zona-verde-centro-urbano-porrino.jpg
Avanzamos na creación dunha gran zona verde no centro urbano
O Concello do Porriño deu hoxe un paso importante na humanización do seu centro urbano dotando de partida orzamentaria un dos proxectos urbanísticos de maior impacto: a humanización da contorna do centro social que acondicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.