A nova pista contará cunha superficie de 20 x 12 metros e estará equipada con céspede artificial de alta calidade, converténdose nun espazo versátil para a práctica de distintas actividades deportivas ao aire libre.
O Concello do Porriño seguirá avanzando na modernización e mellora do seu Mercado Municipal grazas á concesión dunha nova subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Esta achega, enmarcada na creación dunha rede galega de mercados excelentes, permitirá acometer unha nova fase de intervencións cun investimento total que supera os 400.000 euros, dos cales máis de 320.000 euros serán financiados pola administración autonómica.
Ambos programas contan cun financiamento conxunto de 850.531,20 euros por parte da Xunta de Galicia ao que se suma unha achega municipal próxima aos 90.000 euros.
O Concello do Porriño logra finalmente recuperar unha subvención de 645.024,26 euros ao abeiro do Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Recuperación Postcovid-19 (Programa REACPON), despois dun longo proceso administrativo e xudicial que avala os dereitos desta administración local.
O complexo deportivo do Porriño someterase a un acondicionamento integral do seu entorno exterior cun investimento de 448.968,48 euros. O proxecto inclúe diversas intervencións no recinto para mellorar tanto a imaxe urbana como a funcionalidade das instalacións, cun enfoque na accesibilidade, a sustentabilidade e o confort dos usuarios.
O Concello do Porriño ven de solicitar unha subvención á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para levar a cabo dúas actuacións clave de mellora nas infraestruturas dos parques empresariais de A Granxa e As Gándaras. Esta iniciativa, cun orzamento total de preto de 300.000 euros, busca reforzar a competitividade das empresas locais e fomentar a creación de emprego na comarca.
O campo de fútbol do Carballo en Atios contará nos vindeiros meses cun novo sistema de iluminación. O Concello do Porriño vén de tramitar un convenio de cooperación coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para sufragar os gastos desta actuación que conta un orzamento base de licitación de 46.126,53 euros, dos cales a Xunta de Galicia achegará 36.901,22 euros e a administración local aportará os 9.225,31 euros restantes de fondos propios.
O Concello de Porriño vén de sacar a licitación esta mesma semana a contratación da obra de repavimentación dunha decena de camiños localizados en distintas parroquias cun orzamento base de 302.106,32 euros.