O primeiro tenente de alcalde de O Porriño, Pedro Pereira trasladou hoxe a unha representación veciñal da Vaquería a impresión de que o goberno municipal “está parcialmente satisfeito” do resultado da reunión que onte mantivera con Francisco Menéndez, director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar do proxecto da varíante.
O goberno municipal de Porriño e a veciñanza de A Vaqueria acordaron convocar unha concentración de protesta para demandar á Xunta de Galicia o proxecto pendente de reforma da travesía da estrada PO-510 ao seu paso por este barrio de Budiño.
Axentes da Policía Local encargáronse de vixiar o cumprimento da normativa autonómica nas visitas aos cemiterios da vila coa ocasión do Día de Todos os Santos
Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade valoraron a creación dunha Comisión Municipal de Accesibilidade. Sería un órgano participado polos grupos políticos da corporación e COGAMI. Foi un dos asuntos tratados, na reunión celebrada hoxe no Concello, presidida pola alcaldesa Eva García, coa asistencia do concelleiro de Asuntos Sociais, David Alonso, así como de Anxo Queiruga, presidente de COGAMI que asistiu acompañado de Celso Álvarez e Isra Mercader.
O Concello e a Policía Local do Porriño informan de que entrou en vigor a modificación da ordenanza reguladora de aparcamentos (ORA), segundo o acordo acadado polo pleno da corporación municipal do Porriño o pasado 30 de xuño e unha vez cumprimentados os prazos legais de alegacións e publicidade. As dúas principais novidades desta modificación son a contía das sancións e o límite de tempo de estacionamento.A principal causa pola que se acometera esta modificación da ordenanza foi a limitación do tempo de aparcamento. Deste xeito aténdese unha reclamación da veciñanza pola escaseza de aparcamento na zona da Praza de Abastos e a gran demanda de prazas de estacionamento que se require para a atender o comercio.A Concellería de Seguridade atendeu esta petición en aras de dinamizar ao Mercado e o comercio local e dar unha solución ao problema de circulación. Promulgou a modificación da ordenanza que regula o estacionamento, contando co informe da Policía Local, entendendo que na zona do entorno da praza de abastos, debese axilizar a circulación rodada. Por estas razóns, limítase o estacionamento dos vehículos a 45 minutos ( e non de hora e media como antes) considerando ese tempo como dabondo para realizar as compras no mercado e no comercio local.No que atinxe ás multas por infracción da ordenanza, actualizase ao establecido polas leis de trafico. Polo tanto haberá unha redución do 50% se o pagamento da sanción se fixera efectivo no prazo de 20 días naturais. O importe das sancións non se incrementou. Sanción de 36 € por modificar a hora de chegada despois do estacionamento; e sancións de 24 € por falta de disco ou comprobante; superar o límite horario; estacionar de novo na mesma rúa ou praza sen que transcorreran dúas horas; ou ocupar dúas prazas de estacionamento.As prazas destinadas a persoas con dificultades de mobilidade manterán o tempo de estacionamento de tres horas.Por conseguinte, os sinais informativos serán cambiados para recoller estas novidades.
A Policía Local localizou a un home de 85 anos de idade, veciño de O Porriño, que circulaba a pé pola Autovía A-52, onte luns, ás 13,40 horas. A través do 112, recibiuse aviso de que un varón, de idade avanzada, camiñaba pola Autovía en dirección Vigo e que corría serio risco. Os axentes que se desprazaron atopárono camiñando á altura do punto quilométrico 306 comprobando que se trataba dunha persoa maior que ten problemas de demencia, procedendo ao seu traslado e entrega a súa familia que xa estaba a buscalo.Aínda que o ámbito de actuación das Policías Locais no eido do tráfico restrínxese ás zonas urbanas, non é a primeira vez que axentes do Porriño acoden a atender estas situacións en vías interurbanas, como aconteceu o pasado 5 de setembro deste ano, cun home de 80 anos, tamén veciño porriñés, que sen ningún tipo de roupa reflectante camiñaba pola autovía A-55.Neste senso, dende a Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, fai un chamamento á colaboración da veciñanza para que dean aviso á Policía Local do Porriño que dispón dunha contrastada capacidade de resposta operativa non superior a tres minutos ante calquera urxencia.
Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas convoca aos veciños da rúa Aloques a unha xunta informativa que terá lugar o vindeiro martes día 13, ás 19 horas, no salón de sesións do Concello. Trátase de informarlles sobre o plan de obra para executar o proxecto de humanización da devandita rúa.
O Concello do Porriño acometerá o arranxo do valado e mellora da sinalización horizontal e vertical no cruce da ponte do acceso norte ao Polígono das Gándaras onde sucederon varios accidentes de tráfico con vehículos que caeron sobre a vía ferroviaria.
A Alcaldesa Eva García de la Torre participou hoxe nunha xuntaza da Comisión de Seguimento da área de Transporte Metropolitano de Vigo convocada pola delegación territorial da Xunta.
O Concello do Porriño trasladou hoxe ao Goberno Central a petición de que o tramo da estrada Nacional 120, entre Cans e a rotonda do Confurco sexa cedido á administración municipal.
A Policía Local sinalizou e vixiará o cumprimento da prohibición de estacionar e circular polos viais do polígono de vivendas de Torneiros que van ser pavimentados.A prohibición entra en vigor desde as cero horas do luns 7 e estará vixente tamén todo o martes 8.Estas restriccións producense co obxecto do asfaltado dos viais de acceso aos polígonos de vivendas números II, IV e V asi como no vial principal de acceso ao Multiusos de Torneiros.O Concello do Porriño acomete estes traballos para a mellora das comunicacións nesta parroquia, cun orzamento de aproximadamente 90.000 €.Dende a Concellería de Infraestructuras que dirixe Pedro Pereira solicitase á veciñanza a súa colaboración.
O vindeiro luns 7 comezarán as obras de pavimentación de diversos viais no polígono residencial de Torneiros, proxecto que acomete o Concello do Porriño para a mellora das comunicacións nesta parroquia.