O próximo 5 de marzo de 2025, con motivo da celebración do tradicional Enterro da Sardiña, estableceranse restricións de tráfico nas seguintes rúas:
A partir das 18:00 h:Rúa Domingo Bueno ata a baixada da fonte da rúa San Sebastián.
Última hora da tarde:Rúa Peña e rúa Buenos Aires ata a ponte do Valo.
Ademais, infórmase do percorrido da comitiva do Enterro da Sardiña:
Saída ás 18:00 h desde o Círculo Recreativo Cultural.
Itinerario: Rúa Domingo Bueno, rúa San Sebastián, rúa San Bieito e rúa peonil ata a praza Arquitecto Antonio Palacios.
A última hora da tarde, a comitiva continuará dende a praza Arquitecto Antonio Palacios por rúa Peña e rúa Buenos Aires ata a ponte do Valo.
Pregamos desculpen as molestias e agradecemos a colaboración da veciñanza.