A Policía Local do Porriño informa dos cortes e restriccións de tráfico co gallo das Festas do Cristo 2019

A Policía Local do Porriño informa de cortes ó tráfico rodado e prohibición de estacionar nas seguintes rúas e días:

Venres 20 setembro:

corte de tráfico rodado na rúa Manuel Rodríguez, dende o cruce do “Celtiña” ata a rúa Leandro Díaz (Bar “Colleo con Pinzas”) a partir das 22 horas

prohibido estacionar dende as 8 horas na ría Pío XII, dende a intersección rúa Fontevella coa rúa Ramón Gónzalez

prohíbido estacionar nas zonas de carga e descarga na rúa Domingo Bueno, a partir das 19 horas en ambas as dúas marxes, á altura do portal nº 8

corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno nº1 ata cruce con rúa Pío XII a partir das 9,30 horas

corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno ata intersección coa rúa Fernández Areal a partir das 21 horas.

Sábado 21 setembro:

Prohibido estacionar na rúa Parque Infanril dende a intersección coa rúa Salgueira, na marxe esquerda, sentido Vigo, a partir das 21 horas

Prohibido estacionar todo o día na rúa Pío XII, dende a intersección da rúa Fontevella coa rúa Ramón Gónzalez

Corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno, dende o portal nº1 ata o cruce coa rúa Pío XII, dende as 8 horas

Corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno ata a intersección coa rúa Fernández Areal, a partir das 21 horas

Corte do tráfico rodado a partir das 21 horas nas rúas Pío XII, Ramón Gónzalez, Manuel Rodríguez ata a intersección coa rúa Leandro Diz.

Domingo 22 setembro:

Dende as 8 horas corte de tráfico nas rúas Pío XII, Ramón Gónzalez, Manuel Rodríguez ata a intersección coa rúa Leandro Diz

A partir das 15 horas, corte na rúa Antonio Palacios, á altura do cruce coa rúa Cruceiro (sindicatos) para a montaxe de orquesta

A partir das 21 horas, corte de tráfico rodado na rúa Domingo Bueno ata a intersección con rúa Fernandez Areal

Lunes 23 setembro:

Dende as 10 horas da mañán, corte do tráfico rodado nas rúas Pío XII, Ramón Gónzalez, Manuel Rodríguez ata a intersección coa rúa Leandro Diz

Prohibido estacionar todo o día na rúa Pío XII dende a intersección rúa Fontevella coa rúa Ramón Gónzalez

A partir das 15 horas, corte do tráfico rodado na rúa Domingo Bueno, portal nº 1 ata o cruce coa rúa Pío XII.